InicioCulturaOs Microefectos Dramatúrxicos volven ao Clavicémbalo

Os Microefectos Dramatúrxicos volven ao Clavicémbalo

Celebran o seu décimo aniversario con actuacións os días 8, 9 e 10 de xuño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Logo de tres meses dende a última sesión, os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick, tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu dez anos a comezos de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Microefectos Dramatúrxicos nunha actuación. Foto cedida pola Cia.

PEZAS

Raíña Cordura

Escribe e dirixe: Brais García. Interpretan: Isa Herrero, Raquel López Cendán, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.

Colibrí

Escribe e dirixe: Isa Herrero. Interpretan: María Grandío, Isa Herrero, Anxo Manoel e Raquel López Cendán.

Empate

Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Brais García, Conchi Madrina e Anxo Manoel.

Perrificación

Escribe e dirixe: Elvira Velasco. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Brais García.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...