InicioCulturaUn monumento marcará en Lugo o punto exacto dende onde restan 100...

Un monumento marcará en Lugo o punto exacto dende onde restan 100 km do Camiño Primitivo

A estatua será colocada como parte da iniciativa 'Lugo km100', coa que o Concello pretende promocionar a cidade como punto de partida do Camiño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo anunciou que marcará cun monumento o punto exacto desde o cal os peregrinos que transiten polo Camiño Primitivo poden completar os cen quilómetros necesarios para chegar a Santiago e gañar a Compostela.

Trátase dunha iniciativa que se enmarca dentro da iniciativa turística ‘Lugo KM 100’, coa que o Concello pretende promocionar a capital lucense como punto de partida dos peregrinos ata Santiago, especialmente de cara ao Xacobeo 2021.

O tenente de alcalde e responsable da área de Movilidad, Rubén Arroxo, explica que o monumento será situado na Praza do Camiño Primitivo e estará formado por unha letras metálicas de gran tamaño coa mensaxe ‘Lugo KM 100’.

“As letras terán un tamaño adecuado para converterse nun atractivo turístico, que sirva para promocionar Lugo e o Camiño Primitivo” a través das fotos que colgarán nas “redes sociais as persoas que se acheguen á cidade”, abunda.

“Queremos que Lugo se asocie tamén ao Camiño dunha forma similar a como se identifica a cidade coa Muralla”, di Arroxo. De feito, lembra que “esta actuación se engloba dentro dun plan estratéxico de arranxo do Camiño Primitivo na súa entrada a Lugo, que irá acompañado doutra serie de actuacións que se irán realizando nos próximos meses”. Dende o Concello agardan que este monumento estea preparado para o inicio do vindeiro ano.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...