InicioCulturaComproba cales son os queixos máis emblemáticos de Lugo neste mapa ilustrado

Comproba cales son os queixos máis emblemáticos de Lugo neste mapa ilustrado

A revista Traveller publica unha cartografía na que destacan varios lácteos da provincia lucense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Percorrer o territorio Galego choutando de queixo en queixo é posible. Ou, polo menos, pódese facer sobre o papel, logo da publicación por parte da revista de viaxes Condé Nast Traveller dun mapa ilustrado que recolle as principais e máis emblemáticas variedades de queixo de Galicia. Segundo apuntan dende a cabeceira, o mapa recolle un total de 12 queixos entre os que se contan “sabores olvidados” que paga a pena recuperar.

Deste xeito, a publicación propón un percorrido a través dos lácteos que pasa polas montañas lucenses, saíndo da Ribeira Sacra e camiño das Fragas do Eume. “Nunca como ata agora o mundo do queixo foi tan variado no nordés”, apuntan dende a cabeceira, que destaca o papel dunha nova xeración de queixeiros á hora de aportar “ideas frescas” á profesión.

No tocante ós queixos lucenses, destacan o clásico Arzúa-Ulloa, o Xiros, pertencente á aldea homónima de Guitiriz, e o San Simón da Costa, producido maioritariamente na Terra Chá.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...