InicioCulturaA Feira da Empanada das Nogais contará con 70 postos e dous...

A Feira da Empanada das Nogais contará con 70 postos e dous mil visitantes esta fin de semana

Nos días 26 e 27, o municipio da Montaña exporá a gastronomía e a artesanía típicos desta zona dos Ancares, con pregón de Javier Gómez Vila, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga

PUBLICADA O

- Advertisement -

XIII Feira da Empanada e outros produtos dos Ancares celebrarase nos días 26 e 27 de maio nas Nogais. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita gastronómica, cunha achega de 4.000 euros, coa que promove un dos produtos con máis tradición dos Ancares Lucenses como é a empanada, ademais de dinamizar a actividade social e económica do Concello durante unha fin de semana, pois agárdase a visita de preto de 2.000 persoas durante os dous días.

Segundo declarou o vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, «a Feira da Empanada das Nogais é un evento xa consolidado, unha das referencias da primavera na comarca, que medra ano a ano, pois cada vez son máis as persoas que se achegan a degustar un manxar tan típico da nosa comunidade, así como o número de expositores». Así, salientou que «este ano participarán postos principalmente de artesanía e gastronomía, nos que tamén haberá á venda outros produtos autóctonos como embutidos e queixos do Cebreiro».

O programa organizado pola Asociacións de Empresarios de As Nogais (ADEAN) inclúe actos o sábado, a partir das 19.00 horas, se ben a xornada principal celebrarase o domingo. A partir das 10.00 horas abrirán os arredor de 70 postos de degustación e venda previstos pola Delegación Territorial da Xunta, e ás 13.00 horas pronunciará o pregón Javier Gómez Vila, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola Universidade de Santiago de Compostela. Ó longo da xornada os postos de venda da feira e os establecementos públicos da vila repartirán rifas con cada compra ou consumición para o sorteos dos lotes de produtos.

Programación

Sábado, 26 de maio

19:00 HORAS. Charla Cultural: “Lexionarios, peregrinos, e arrieiros: Os camiños históricos na terra de As Nogais”. Poñente: Javier Gómez Vila.

20:30 HORAS. Concurso de Empanada (Adultos) e de Repostería (Infantil).

21:00 HORAS. Touciñada e Chourizada popular.

22:30 HORAS. Verbena co Grupo Iris.

Domingo, 27 de maio

10:00 HORAS. Apertura dos stands da XIII Feira da Empanada.

13:00 HORAS. Lectura do pregón a cargo de Javier Gómez Vila, Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga pola USC.

13:30 HORAS. Entrega de premios do Concurso de Empanada e Repostería.

17:30 HORAS. Sorteo de dous lotes de produtos da Feira valorados en 300 euros.

18:30 HORAS. Representación de filandón e ruada a cargo da Asociación Cultural Abrente das Nogais.

19:30 HORAS. Clausura da XIII Feira da Empanada de As Nogais.

ÚLTIMAS

Chegan a Ribeira de Piquín 51 migrantes procedentes de África

Un total de 51 persoas migrantes procedentes de África, na súa maioría refuxiados de...

Visita á protectora de animais: a situación dos gatos, despois do brote de panleucopenia

Hai cousa dun mes e medio, a Sociedade Protectora de animais e plantas de Lugo tivo...

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...