InicioDeportesTito Díaz é o novo adestrador do Breogán

Tito Díaz é o novo adestrador do Breogán

O ex xogador, secretario técnico e primeiro adestrador do Breogán, cuxa última experiencia foi en Básquet Coruña en LEB Ouro, substitúe ao cesado Natxo Lezkano

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tito Díaz é o novo adestrador do Cafés Candelas Breogán en sustitución de Natxo Lezkano, cesado o domingo á noite.

Tito Díaz foi xogador (1983-1987 e 1988-1990), primeiro adestrador (1997) e secretario técnico do Breogán (1997-1998). Ademáis, xogou no Celta de Vigo e Basketmar A Coruña.

Coma adestrador, ten experiencia en Inelga, Marín, Rosalía e Extrugasa de Liga Feminina. A súa última experiencia profesional foi no Leyma Coruña, de LEB Ouro, finalizando a súa etapa en 2017.

Arestora, traballaba na Federación Galega de Baloncesto (FGB) coma responsable das seleccións autonómicas.

Será presentado hoxe ás 17 horas no Pazo dos Deportes de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...