InicioLugo e contornaXXIII Xornadas Técnicas de Seragro

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acolle os días 12 e 13 de novembro un amplo programa de relatorios centrados no benestar animal, a saúde podal, a reprodución, a alimentación, a bioseguridade, a sostibilidade e a eficiencia produtiva das explotacións. O evento conta coa participación de especialistas nacionais e internacionais e profesionais do sector gandeiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12 de novembro ás 10:00 horas da man de José María García Nieto, presidente de Seragro; Fernando Muñoz Guzón, decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, e Francisco Cajoto Caserío, deputado de Recursos Sostibles da Deputación de Lugo.

A primeira xornada contou coas intervencións de Rebeca Morales, Javier Sáez, Mayra Elena Ortiz, Álex Udina, Francisco Morell, Sara Hontoria, Gregorio Salcedo e Adolfo Álvarez. O programa comezaou ás 10:30 horas coa análise dos criterios de benestar animal para avaliar o descanso das vacas e continuou ata as 18:00 horas, momento no que se tivo lugar o habitual encontro gandeiro.

Este venres 13, as sesións retomaranse ás 11:00 horas e combinarán os relatorios técnicos con experiencias prácticas de explotacións galegas e asturianas. A clausura celebrarase ás 18:00 horas co tradicional brinde do leite.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...