InicioEconomíaA Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

A creación deste espazo foi posible grazas a un investimento de case 70.000€ que a institución provincial realizou a través do Plan Deputación, unha ferramenta coa que os municipios lucenses poden manter e mellorar a prestación de servizos á cidadanía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da nova área de autocaravanas de Pastoriza, situada próxima ao circuíto de karting e á piscina municipal, que conta cunha extensión de 3.000 metros cadrados e 45 prazas. A creación deste espazo foi posible grazas a un investimento de case 70.000€ que a institución provincial realizou a través do Plan Deputación, unha ferramenta coa que os municipios lucenses poden manter e mellorar a prestación de servizos á cidadanía.

Con motivo desta apertura, celebrouse durante toda a xornada do sábado unha ampla programación de actividades que comezou a primeira hora cunha ruta de sendeirismo polas Augas de Fonmiñá. O evento estivo amenizado por diferentes actuacións de música tradicional e continuará esta noite coa celebración dos tradicionais Cantos de Taberna e unha foliada na praza do Concello.

Francisco Cajoto avanzou que “é un pracer estar hoxe en Pastoriza vendo como o que un día foi un proxecto é agora unha realidade ao servizo de todos os veciños e visitantes”. O Deputado Provincial recalcou tamén que “este novo espazo contribuirá a reforzar a oferta turística non só do concello, senón tamén da comarca e do conxunto da provincia”.

Así mesmo, Cajoto lembrou que a institución provincial está “ao carón dos 67 concellos, escoitando as súas demandas e apoiando proxectos coma este, que contribúen a impulsar as súas potencialidades turísticas e económicas”. O Deputado destacou ademais que “facémolo a través de diferentes ferramentas, como o Plan Deputación, un dos principais instrumentos de cooperación municipal que impulsamos desde a institución provincial para que os concellos poidan crear novas infraestruturas e seguir mellorando os servizos que prestan á cidadanía”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

Varios sindicatos alertan que os xulgados de lugo están “ao bordo do colapso” pola “nefasta xestión” da Xunta

Os sindicatos CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO celebraron unha asemblea con traballadores dos...