InicioAncaresNavia de SuarnaOs Ancares atesouran un potencial astronómico destacado pola Deputación

Os Ancares atesouran un potencial astronómico destacado pola Deputación

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos abriu en Navia de Suarna a cita Galicia, porta da entrada da eclipse – DTS Ancares Lucenses organizada pola Axencia de Turismo de Galicia, que pretende dar ás persoas asistentes claves sobre astronomía básica e para unha observación segura

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, abriu este xoves a xornada Galicia, porta da entrada da eclipse – DTS Ancares Lucenses, organizada pola Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coa Reserva Ancares Lucenses e Montes de Navia e Becerreá, que xestiona a Deputación, para dar a coñecer á veciñanza claves sobre astronomía básica e para unha observación segura.

“Este é un espazo privilexiado para mirar ao ceo. A baixa contaminación luminosa, a calidade ambiental e o respecto pola natureza converteron aos Ancares nun referente, recoñecido ademais como destino Starlight”, apuntou Arias. Un distintivo que, na súa opinión “pon en valor as condicións excepcionais desta Reserva da Biosfera para a observación astronómica, pero ademais un modelo de turismo sostible, vencellado ás experiencias, polo que apostamos na Deputación”.

Destacou que a Deputación defende “un rural vivo, dinámico e cheo de oportunidades. Actividades como esta demostran que os nosos territorios poden ser tamén espazos para a ciencia, a cultura e o turismo de calidade”.

A xornada inclúe a charla de Begoña Estévez e Antonio Pazos, Astronomía básica dunha eclipse e observación segura; un taller de fotografía da eclipse impartido por Fernando Rey Daluz; e un simulacro da eclipse, con práctica de fotografía e observación solar.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...