InicioLugo e contornaLugoDenuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de...

Denuncian a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo

O Goberno de Lugo nega a supresión de Promoción da Lingua e defende un modelo "transversal" para impulsar o galego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma Queremos Galego denunciou a supresión da área de Promoción da Lingua no Concello de Lugo por parte da nova alcaldesa, Elena Candia. Nun comunicado, a organización criticou que o novo goberno municipal decidise eliminar esta área, a poucos días da celebración do Día das Letras Galegas.

“Este feito vulnera os dereitos lingüísticos do galego e demostra os malos tratos ao que o PP somete ao noso idioma”, insistiu a Plataforma.Ademais, aproveitou para lamentar a “intromisión” da Policía Local no acto ‘Begoña Caamaño nas nosas voces’, “unha homenaxe que contaba coa autorización pertinente para a súa celebración e que, a pesar de todo, sufriu intimidacións policiais”.

Por todo iso, Queremos Galego animou aos cidadáns a manifestarse este domingo, 17 de maio, na Alameda de Santiago a partir das 12.00 horas no Día dás Letras Galegas.

O CONCELLO NÉGAO

O goberno local de Lugo reaccionou ás críticas formuladas nas últimas horas polo BNG e pola plataforma Queremos Galego tras a reorganización do novo organigrama municipal, negando que se suprimise a área de Promoción da Lingua e asegurando que o novo executivo mantén o seu “compromiso institucional coa defensa e difusión do galego”.

Nun comunicado, o Concello sostén que é “falso” que a promoción da lingua galega desapareza da estrutura municipal coa chegada do novo goberno encabezado pola alcaldesa Elena Candia. Defende, así, que a reorganización non supón “nin a eliminación nin a redución” das políticas lingüísticas, senón un cambio de enfoque baseado na “transversalidade“, é dicir, na integración destas competencias en distintas áreas municipais.

Perante estas acusacións, o Concello explica que ata agora as áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua Galega estaban integradas nunha única concellaría, mentres que coa nova organización as competencias pasan a repartirse entre dous departamentos diferenciados: Cultura e Educación, por unha banda, e Turismo e Museos, pola outra.

ANA PONTÓN CHAMA Á MOBILIZACIÓN

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou a decisión de Elena Candia de “suprimir” a área de Promoción da Lingua, o que relacionou cun Partido Popular que, ao seu xuízo, “leva anos atacando o galego”. Pontón advertiu que o PP “non está a traballar a favor do idioma”, senón que busca que a lingua galega sexa “cada vez máis residual”. Ante esta situación, augurou unha resposta de “dignidade” por parte da sociedade galega este domingo en Santiago de Compostela.

Neste contexto, a líder nacionalista fixo un chamamento á cidadanía para acudir á “gran mobilización” do Día das Letras Galegas. Así mesmo, Pontón criticou a traxectoria política do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a quen acusou de “empezar en política póndose detrás dunha pancarta contra o galego” e lamentou que Elena Candia “siga os seus pasos” á fronte do Concello lucense.

CRÍTICAS DO BNG E RESPOSTA POLA AXENDA CULTURAL

O BNG de Lugo reprochou ao PP os cambios en materia cultural coa “desaparición” da axenda cultural elaborada pola antiga área, unha ferramenta que permitía aos veciños coñecer a programación semanal de xeito claro. O portavoz municipal nacionalista, Rubén Arroxo, afirmou que todas as medidas do goberno de Elena Candia tras a moción de censura “evidencian unha vontade clara de eliminar iniciativas impulsadas no anterior mandato”.

En resposta a esta denuncia, o Concello de Lugo negou a supresión definitiva da publicación da Axenda Cultural. Segundo explican desde o goberno local, a publicación correspondente ao pasado venres non puido realizarse porque a ferramenta era xestionada directamente desde o ámbito político da anterior concellaría sen facilitar ao persoal municipal o acceso aos modelos e contidos necesarios. “Nestes primeiros días foi preciso reconstruír o persoal de traballo e recuperar a información”, sinalan fontes municipais, confirmando que a axenda volverase publicar mañá con normalidade.

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...

Elena Candia deséxalle sorte aos deportistas que reprensetarán a Lugo no Mundial de Baile Deportivo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe na Casa do Concello aos integrantes...