InicioTerra CháVilalbaProposta do PP para rehabilitar vivendas de peóns camineros de Vilalba para...

Proposta do PP para rehabilitar vivendas de peóns camineros de Vilalba para aluguer social

Segundo sinalaron, o Executivo explica, en resposta oficial por escrito, que "non se atopan no perímetro delimitado actualmente de activos susceptibles de ser destinados ás políticas de vivenda accesible".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os representantes do PP lucense no Senado José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano levarán ao Senado unha proposta para rehabilitar as antigas vivendas de peóns camineros de Obras Públicas en Vilalba para aluguer social.

Tal e como trasladou o PP nunha nota de prensa, Barreiro e Balseiro presentaron a iniciativa este venres en Vilalba acompañados por representantes do PP local despois de que o Goberno central confirmase que o “Estado non rexistrou estes inmobles en desuso para aluguer social”.

Segundo sinalaron, o Executivo explica, en resposta oficial por escrito, que “non se atopan no perímetro delimitado actualmente de activos susceptibles de ser destinados ás políticas de vivenda accesible”.

Respecto diso, os senadores do PP puxeron en valor a “necesidade” de aproveitar o patrimonio público actualmente en desuso para “dar resposta” a un dos principais problemas que afrontan moitos municipios do rural: o acceso á vivenda, especialmente para mozas, familias e persoas con dificultades para atopar aluguer a prezos asumibles”.

Nesta liña, indicaron que a rehabilitación destas 20 vivendas permitiría crear novas vivendas sociais sen necesidade de executar novas promocións, á vez que se recupera un patrimonio público infrautilizado.

Ademais, reclamou, a través desta iniciativa, que o Goberno de España elabore un inventario das antigas vivendas de ‘camineros’ e doutros inmobles vinculados aos servizos de conservación de estradas pertencentes ao patrimonio do Estado que se atopen actualmente abandonados ou sen uso.

Todo iso, co obxectivo de estudar a súa rehabilitación ou cesión para ampliar o parque público de vivenda en aluguer social ou accesible, especialmente en municipios do medio rural con problemas de acceso á vivenda.

“Non ten sentido manter edificios públicos pechados e deteriorándose mentres existen dificultades reais para acceder a unha vivenda. O que propomos é sentido común: recuperar o que xa existe para polo ao servizo das persoas”, concluíron.

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...