Home Política O PP reclama a Carmela López “devolvernos aos lucenses 385.00 euros que quitou ás patronais”

O PP reclama a Carmela López “devolvernos aos lucenses 385.00 euros que quitou ás patronais”

0

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, amosouse moi crítico coa presidenta da Deputación, Carmela López, que “despois de retirar 350.000€ de axuda ao San Froilán, aproveita as patronais lucenses no seu beneficio propio, con vídeos promocionais en redes sociais subida ás barracas”.

Antonio Ameijide sinala que a redución do 90% da achega da Deputación ás festas de San Froilán “´imposible de entender” coa actitude pública de Carmela López, que nos últimos días “publicou vídeos nas atraccións, publicacións que aproveitou para tentar parodiar á oposición”.

“Carmela López ten que deixar de rirse dos lucenses. Quizais, tras retirar 350.000€ de axuda o último que tiña que facer era pasearse polo feiral”, denunciou.

En 2025, a Deputación de Lugo achegou 435.600€ para colaborar coas festas de San Froilán. Este ano, esa cantidade redúcese a 50.000€, o que supón unha diminución do 90%.

Ademais, o convenio asinado este ano establece que os 50.000€ da Deputación só poden destinarse ao ‘Fomento da cultura tradicional e do uso da lingua galega’, limitación que non existía no mesmo grao no convenio de 2025, cando os fondos provinciais contribuíron a sufragar diferentes actividades incluídas no programa do San Froilán.

Así, en 2025, a achega da Deputación permitiu financiar, entre outras propostas, concertos e actuacións musicais, actividades para o público familiar, actividades de cultura tradicional, a Verbena Galega de Antes, o Electronic Music Fest, Sanfroidance, o Espazo Hip Hop ou actuacións musicais na Praza Maior.

Neste senso, Ameijide esixe “traballo” á presidenta da Deputación xa que “desde que tomou posesión do cargo o pasado 14 de xaneiro, máis alá de fotografías e anuncios que, polo momento, non se traduciron en melloras concretas para a provincia, a realidade é que os lucenses seguen sen percibir unha mellora no seu día a día”.

Pola contra, unha das decisións que si tivo un impacto directo sobre os cidadáns foi a suba das taxas para os usuarios das residencias de maiores da Deputación, cun incremento que chega ata o 60%, situando o custo mensual en ata 810€.

“Se Carmela López quere reivindicar o San Froilán, o mínimo sería que a Deputación mantivese o seu compromiso coas patronais lucenses”, afirmou.

Antonio Ameijide afirmou que “a provincia necesita menos propaganda e máis xestión; unha Deputación con capacidade para colaborar co San Froilán, pero con compromisos reais e non con fotografías”, porque a realidade é clara: 435.600€ de colaboración en 2025 e 50.000€ en 2026.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here