InicioLugo e contornaLugoVarios sindicatos alertan que os xulgados de lugo están "ao bordo do...

Varios sindicatos alertan que os xulgados de lugo están “ao bordo do colapso” pola “nefasta xestión” da Xunta

Entre as principais deficiencias sinaladas, os sindicatos destacaron "a falta de persoal, a distribución física caótica dos órganos xudiciais e a obsolescencia dos programas informáticos empregados na tramitación dos procedementos".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os sindicatos CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO celebraron unha asemblea con traballadores dos Xulgados de Lugo para denunciar a “nefasta xestión” da Dirección Xeral de Xustiza na implantación dos Tribunais de Instancia, unha situación que, advertiron, está a levar aos órganos xudiciais “ao bordo do colapso”.

A reunión, na que, segundo trasladaron nunha nota de prensa, analizáronse os principais problemas derivados dunha implantación que os sindicatos cualifican de “precipitada e improvisada“, forma parte dun calendario de asembleas que as organizacións sindicais desenvolverán nas principais cidades galegas co obxectivo de informar o persoal, recoller incidencias e coordinar medidas ante “a deterioración das condicións laborais e do servizo público de Xustiza”.

Entre as principais deficiencias sinaladas, os sindicatos destacaron “a falta de persoal, a distribución física caótica dos órganos xudiciais e a obsolescencia dos programas informáticos empregados na tramitación dos procedementos”.

Os sindicatos reclamaron a negociación inmediata da ampliación das Relacións de Postos de Traballo (RPT) ante unha carga laboral que consideran “inasumible” co actual persoal.

As organizacións convocantes advertiron de que, en caso de non ser atendidas estas demandas, iniciarán un proceso de mobilizacións “para que a opinión pública sexa consciente do problema creado pola Dirección Xeral de Xustiza”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...