InicioLugo e contornaLugoReunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de...

Reunións de Candia con representantes do Arde Lucus e Lugo Monumental de cara a colaborar co tecido asociativo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e os concelleiros Damián Carballo e Mar Carballas mantiveron un encontro de traballo con representantes das asociacións que fan posible cada ano o Arde Lucus, co obxectivo de iniciar a coordinación da próxima edición, que se celebrará do 18 ao 21 de xuño de 2026 e coincidirá co 25 aniversario desta festa de recreación histórica. Durante a reunión abordáronse diferentes cuestións organizativas e administrativas vinculadas á colaboración co tecido asociativo, destacando a vontade do novo goberno municipal de traballar desde o diálogo, o consenso e a planificación.

O executivo local trasladou ás asociacións que son a parte máis importante do Arde Lucus e que calquera decisión que lles afecte deberá ser estudada, dialogada e planificada con tempo suficiente,  consensuando os cambios que poidan adoptarse. Durante o encontro, tanto as asociacións como o goberno municipal coincidiron na importancia de traballar desde este momento nunha edición especial do Arde Lucus con motivo do seu 25 aniversario.

LUGO MONUMENTAL

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e a concelleira Cristina Sanz recibiu no Concello a representantes da asociación Lugo Monumental nun encontro de traballo solicitado pola propia entidade e ao que o goberno municipal deu resposta inmediata.

 Durante a reunión abordáronse diferentes asuntos relacionados coa situación do centro histórico, entre eles os problemas de mobilidade derivados da implantación da Zona de Baixas Emisións, o futuro da antiga estación de autobuses, a posibilidade de impulsar unha dotación deportiva no edificio da antiga OJE ou a recuperación dos quioscos que permanecen sen uso desde o ano 2011

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...