InicioPolíticaOs premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio...

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

O evento, que se celebrou no Círculo das Artes de Lugo, premiou aos mellores influencers en nove categorías diferentes: cultura, humor, moda, viaxes ou deportes, entre outros

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na gala de entrega dos premios Dalle Like, os galardóns que recoñecen o talento dos creadores de contido de Galicia e que a través das redes sociais contribúen a promover a cultura, a lingua, o territorio e os valores galegos. A institución provincial colaborou con esta iniciativa cunha achega económica de 3.000€.

O evento, que se celebrou no Círculo das Artes de Lugo, premiou aos mellores influencers en nove categorías diferentes: cultura, humor, moda, viaxes ou deportes, entre outros. Ademais, a programación estivo ambientado nunha romaría tradicional con postos dirixidos por 10 cociñeiros galegos e tamén incluíu actuacións musicais de artistas internacionais e da cantante Lucía Pérez.

Rivera Capón valorou a “creatividade e as horas de traballo” que realizan para “conectar coa xente” e destacou especialmente a súas capacidades para “crear comunidade desde algo tan simple, e complicado ao mesmo tempo, como ter unha voz propia. Unha voz que gala desde Galicia, a provincia de Lugo, coa nosa forma de ver o mundo, coa nosa retranca, cultura e naturalidade de quen non necesita parecerse a ninguén para conectar”.

“Na Deputación de Lugo sentimos orgullo de apoiar unha iniciativa coma esta porque sodes persoas capaces de transformar unha idea en algo que conecta coa xente. E iso sempre merece recoñecemento”. O Deputado Provincial rematou a súa intervención para felicitar ás persoas que organizaron esta cita, así como aos nominados e a todos os premiados.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...

Varios sindicatos alertan que os xulgados de lugo están “ao bordo do colapso” pola “nefasta xestión” da Xunta

Os sindicatos CSIF, SPJ-USO, STAJ, UGT e CCOO celebraron unha asemblea con traballadores dos...