InicioDeportesAlberto Monteagudo cre que Tete Morente poderá aportar "velocidade, un contra un,...

Alberto Monteagudo cre que Tete Morente poderá aportar “velocidade, un contra un, desborde”

O adestrador albivermello deixou a porta aberta á incorporación dun novo lateral esquerdo, así como subliñou que Toni Martínez é "un dianteiro referencia"

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alberto Jiménez Monteagudo, primeiro adestrador do Club Deportivo Lugo, compareceu en rolda de prensa previa ao partido contra o Rayo Majadahonda este sábado 25 de xaneiro de 2019 a partir das 18 horas no estadio Ángel Carro de Lugo.

Monteagudo valorou a incorporación do extremo Tete Morente:”Con esa chispa, o exponencial máis grande que temos é (José Carlos) Lazo. Vainos dar algo así. Velocidade, un contra un, capacidade de desborde. É un futbolista con moito futuro, 21 anos, e moito presente porque a semana pasada foi titular no seu equipo”. Tamén a fichaxe do lateral esquerdo Orest Lebendenko e a chegada en forma de cesión do dianteiro Toni Martínez: “Lebendenko é ofensivo, diferente a (Vasyl) Kravets, técnicamente é máis asociativo, en cortiño, non tan centrador coma Kravets; e Toni más dianteiro referencia”.

Tamén opinou sobre a posibilidade de máis altas: “Poderíamos ver perfectamente un lateral esquerdo tamén, aínda que veu Orest (Lebedenko). É xove, acaba de chegar, ven dun mes parado por vacacións”.

Monteagudo explicou que Luis Ruiz “ten un problema no ligamento lateral dende fai tempo, que lle deixou ir adestrando, pero non está cómodo, non está ao 100 %”, así como Gerard Valentín “ten un golpe”. “Cremos que vai estar”, adiantou sobre Valentín.

Subliñou o “fútbol vistoso”, a “velocidade arriba” e que “arriscan bastante na saída de balón” entre as cuestións a destacar do Rayo Majadahonda, así como que “levan moito tempo facendo o mesmo”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...