InicioCulturaO Campus Terra consegue unha das catro novas agrupacións de I+D de...

O Campus Terra consegue unha das catro novas agrupacións de I+D de Galicia

Os 16 grupos de Enxeñaría e Veterinaria especializados en Biorrecursos medran en escala con 405.000 euros adicionais en investimento da Xunta de Galicia

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ao abeiro da última convocatoria da Consellería de Educación, a Xunta de Galicia tenta dotar ao sistema universitario de capacidade de liderado, estabilidade e dimensión necesarios en eidos de investigación considerados prioritarios. Con tal fin, crearanse catro novas agrupacións estratéxicas de I+D+i, das cales unha será a de Biorrecursos no Campus Terra de Lugo. 

Dezaséis equipos compoñen a agrupación de Xestión e Produción Sostible de Biorrecursos (BioReDes), que percibirá 405.000 euros para abordar os retos vencellados á produción e xestión dos biorrecursos na particular contorna de Galicia. O investimento permitirá a coordinación e crecimento de grupos de referencia do Campus Terra relacionados coa produción animal, vexetal e de seguridade alimentaria. 

A agrupación estratéxica, en datos

Trátase dun proxecto a longo prazo, que pasa pola integración e as sinerxias dos proxectos científicos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) e á Facultade de Veterinaria. Canda o Instituto de Acuicultura, son en total máis dun cento de investigadores estables, corenta e dous en etapa de formación, e outras corenta e tres persoas de apoio técnico.

BioReDes é a máis recente aposta do Campus Terra por liderar o coñecemento do sector primario. Paulino Martínez, catedrático en Xenética, liderará a agrupación estratéxica  responsable de máis de medio milleiro de artigos en revistas do primeiro cuartil entre 2010 e 2015, e que captou 11,6 millóns de euros de financiamento para I+D+i no trienio 2014-2016, un terzo do total procedente da empresa privada, e a décima parte de proxectos internacionais.

A resolución publicada no Diario Oficial de Galicia comprende un orzamento global de 3.275.000 euros para a creación das catro novas agrupacións estratéxicas do sistema universitario galego, amén da revalidación dos compromisos coas tres xa existentes dende 2015. 

A nova Vicerreitora analiza o futuro do Campus Terra

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...