InicioMedioambiente e PatrimonioA provincia de Lugo precisa un pacto pola protección dos animais

A provincia de Lugo precisa un pacto pola protección dos animais

Malia a crucial relación da provincia cos animais, fonte de riqueza económica, existen normas diferentes en función do lugar e de quen goberne

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo ten unha estreita relación social e económica coa fauna. Isto é así pola excepcional actividade do sector primario, e tamén por albergar algunhas das zonas de conservación natural de meirande extensión en Galicia. Así as cousas, as políticas vencelladas aos animais varían ostensiblemente dependendo do lugar e de quen goberne, impedindo a consecución de esforzos conxuntos para garantir o benestar animal sen comprometer a viabilidade dos negocios.

Hai escasos meses que entrou en vigor a Lei de Protección e Benestar Animal de Galicia, aprobada unicamente cos votos do Partido Popular. É incomprensible que o marco xurídico para todas as especies poida saír adiante sen contar con case a metade dos representantes da cidadanía galega. Esta falta de consenso explica a lenta aplicación nas ordenanzas dos concellos, en especial en Lugo, a máis extensa das catro provincias, e quizais a máis diversa en canto a ecosistemas.

En anos recentes, as lucenses están comprobando o como a presenza humana modifica o comportamento dos animais, e como esta presión sobre os hábitats naturais ten resposta en forma de prexuízo económico e incluso risco contra a poboación. E os remedios aplicados amosaron ser ineficaces para atallar a dispersión do xabaril, os ataques do lobo, a expansión da vespa velutina, ou tamén as situacións de abandono e maltrato dentro e fóra dos límites urbanos.

Lugo, como o conxunto de Galicia, carece dun gran acordo ético, con continuidade orzamentaria e garantía legal, que permita estabelecer responsabilidades inequívocas na administración, e canles definidas para responder aos cambios e necesidades das especies e dos sectores implicados.

Desprotección fronte o maltrato

As deficiencias da nova lexislación autonómica son evidentes, comezando polos espectáculos. Son os concellos os que, en última instancia, deben evitar condicións lesivas ou de maltrato animal. Na cidade de Lugo, a ordenanza de protección de animais leva dúas décadas sen modificacións, a pesar da importancia das exhibicións e feiras. En Sarria, celebrouse a tourada en terreo privado e cun forte despregamento de medios públicos –co prace da Xunta–, sen dispor o goberno local de ferramentas legais para impedilo.

Tampouco semella haber solución para a acollida de animais, que depende do criterio das autoridades locais e provincial. En Lugo cuestiónase o papel da Deputación, que segue dous modelos diferentes: mentres apoia con recursos propios a función das protectoras, financia unha macrocanceira en Monforte, modelo criticado por dificultar a adopción e comprometer o benestar dos exemplares recollidos.

O can abandonado en Guitiriz está mutilado | Libera! - FFW
Can abandonado en Guitiriz | Libera! – FFW

Outro punto negativo da Lei atópase na desprotección e falta de identificación axeitada de cabalos e poldros, sobre todo os mostrencos, que en ocasións deriva en falta de auxilio para esta especie, ao non estar considerada nin como gando nin como doméstica, e conflitos xurisdiccionais entre administracións. Un aspecto con máis implicacións das que parece, pois a desaparición do cabalo contribúe a un comportamento máis agresivo do lobo, que debe achegarse ao gando de pastoreo e incluso estabulado.

Conflitos entre especies

A situación do lobo é paradigmática. Os gandeiros, desesperados, defenden a convivencia co predador e reclaman apoio da Xunta para modernizar a protección das explotacións e compensar as perdas. Porén, o escaso compromiso do goberno galego está a ter un impacto directo na supervivencia destes negocios, sen protexer tampouco aos lobos fronte ás batidas, que adoitan realizarse sen a axeitada supervisión de axentes ambientais, e que desestruturan ás mandas, facendo o seu comportamento impredecible. A xuntanza dos alcaldes do Xistral, de diversas cores, debería servir de exemplo de cara a un pacto político cada vez máis necesario.

A falta de interese por acadar solucións de amplio espectro queda patente coa expansión incontrolable da velutina. A vespa asiática chegou para quedarse, por mor da ausencia de medidas de choque durante os primeiros ciclos biolóxicos. Coma no caso do lobo, o debate ético apenas acadou a esfera política, que tan só contempla un escenario de reversión total que é xa imposible. De novo, a liña de acción depende do lugar e de quen goberne; un escenario catastrófico que conleva métodos con efectos colaterais contra outros insectos, sen con iso evitar o prexuízo sobre a apicultura.

Decepción entre os gandeiros de ovino e caprino logo das reunións coa Xunta

ÚLTIMAS

Interceptados en Lugo tres condutores de patinetes que circulaban baixos os efectos do alcol e as drogas

A Policía Local de Lugo reforzou nos últimos días a vixilancia sobre os Vehículos de Mobilidade...

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...