InicioMedioambiente e PatrimonioOs alcaldes do Xistral, unidos ante o incremento de ataques do lobo

Os alcaldes do Xistral, unidos ante o incremento de ataques do lobo

Os gandeiros do Xistral alertan dun incremento da presenza do lobo, que complica a supervivencia das explotacións ante a falta de axudas e a excesiva burocracia

PUBLICADA O

- Advertisement -

RAMÓN G. REY | Teñen distinta cor política, pero unha preocupación común. Os alcaldes de Abadín(José López RancañoPP), O Valadouro (Edmundo Maseda), Ourol (José Luis Pajón) e Xermade (Roberto García, os tres do PSOE) e Muras (Manuel Requeijo, do BNG) reuníronse no consistorio deste último municipio para abordar a problemática do lobo, que afecta a gandeiros e veciños da serra do Xistral.

Os alcaldes do Xistral aseguran que a situación dos gandeiros da zona, na que predomina a gandería en libre estabulación, é “desesperada” por mor dos ataques do lobo.

“No Cadramón temos ganderías con 600 bestas que só quitan 15 becerros ao ano porque o lobo come ao resto das crías”, sinala Maseda.

“NO CADRAMÓN HAI GANDERÍAS CON 600 BESTAS QUE SÓ CONSERVAN 15 BECERROS AO ANO”, EXPÓN O ALCALDE DO VALADOURO

Os rexedores resaltan que non son técnicos e que carecen dunha solución ao respecto, pero consensuaron unha postura común sobre este tema e solicitan de forma conxunta unha xuntanza coa titular da Consellería do Medio RuralÁngeles Vázquez.

MANADAS “EN AUMENTO”

Os rexedores afirman que o número de manadas que operan na serra vai en aumento, “porque así nolo din os veciños”, expón Maseda, que precisa que “no Cadramón hai un grupo de seis que causa estragos. En parroquias coma FreixulfeSan Tomé ou Vilacampa os veciños teñen medo, porque os lobos cada vez están máis cómodos preto das casas”.

OS VECIÑOS CREN QUE AUMENTOU O NÚMERO DE MANADAS E TAMÉN PERCIBEN UN INCREMENTO DOS ATAQUES

Requeijo asegura que “na pasada edición da Feira do Poldro todos os gandeiros nos falaron dun aumento do número de ataques”.

O alcalde do Valadouro sostén que “estannos a dicir veciños que hai voitres no Xistral. Teño 55 anos e nunca vira ningún nin oíra falar deles por aquí, pero agora a cantidade de cadáveres que atopan atráeos”, argumenta.

PIDEN UN CENSO

Requeijo quéixase de que “non hai transparencia por parte da Xunta de Galiciasobre a cantidade de familias que habitan a zona”. Por iso, os alcaldes esixen uncenso do número de lobos que hai na comunidade.

AXUDAS ESCASAS

liña de axudas disposta polo Goberno galego suscita tamén críticas. Os rexedores lamentan o importe escaso das subvencións. “Se o lobo che mata catro becerros, dos que poderías quitar 4.000 euros, o que recibes por eles non pasa de 800”, expón Requeijo.

OS EDÍS CRITICAN QUE AS AXUDAS SON ESCASAS E A LEXISLACIÓN RESTRITIVA Á HORA DE PERCIBIR AS SUBVENCIÓNS

EXCESIVA BUROCRACIA

excesiva burocracia á hora de tramitar as axudas é outra materia pendente. O alcalde de Muras pon outro exemplo. “Se un lobo mata a un becerro e deixa só as patas, o normal é que as recollas, porque no monte pode vir calquera animal e levalas. Ten pasado que, despois dun ano de tramitación para acadar unha compensación, che digan que non conceden a axuda porque manipulaches os restos. Resulta humillante”, expón Requeijo.

FRÁXIL EQUILIBRIO

De fondo laten dúas feridas abertas. Por un lado, a do fráxil equilibrio entre o home e o lobo. Os alcaldes consideran que se está a sobreprotexer ao cánido en detrimento do ser humano. “Non estamos en contra dun animal que existiu e que ten que existir polo ben da natureza. Pero temos que atopar unha convivencia”, sinala Maseda.

ACADAR O EQUILIBRIO ENTRE LOBO E HOME SUPORÍA ACADAR “ALGO CASE ÚNICO NO MUNDO”

O premio, de atopar a receita, é conservar algo case único no mundo. “Somos a única terra do planeta, xunto con Mongolia, na que conviven lobos e bestas”, precisa o rexedor valadourense. Pero para manter esa riqueza, defenden os alcaldes, hai quecompensar aos veciños que padecen as súas consecuencias negativas.

O RURAL, SEN XENTE

O outro conflito é o do despoboamento do rural, o dunha poboación que se sinte indefensa ao ter que lidiar cada vez máis con criterios organizativos que se toman lonxe das aldeas.

A XENTE DO RURAL SÍNTESE AFOGADA E MARCHA POR CRITERIOS QUE SE TOMAN LONXE DAS ALDEAS, DENUNCIAN

“Agora que non se poden tocar os ríos, non hai troitas. O monte está cheo de toxos e xestas, a mercé dos lumes. A Lei do Solo é restritiva para os veciños, que non poden facer nada”, enumera Maseda, que engloba a problemática do lobo neste contexto.

“A xente do rural está afogada e acabará por marchar. Temos un problema de relevo”, advirte.

A SOLUCIÓN PASA POR UNHA MESA NA QUE SE SENTEN VECIÑOS, ADMINISTRACIÓNS E ECOLOXISTAS

CONSENSO

A solución pasa por facer de novo do rural o que sempre foi, un lugar produtivo. E por un consenso: “na mesa teñen que sentar todos. Veciños, políticos, ecoloxistas”, expón Maseda. “Isto non se pode afrontar como un problema de tal ou cal consellería”, remata.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...