InicioPolíticaO PP rexeita no Parlamento devolver a praza de docente en Portomarín

O PP rexeita no Parlamento devolver a praza de docente en Portomarín

Contra a postura que mantivo no Concello de Portomarín e a Deputación, o Partido Popular mantén a supresión dun docente no Virxe da Luz

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular censurouse a si mesmo ao rexeitar no Parlamento a devolución da praza de docente suprimida en Portomarín. Despois de que os representantes populares cuestionaran publicamente os criterios empregados pola Consellería de Educación, posicionándose en Concello e Deputación a favor da restitución no CEIP Virxe da Luz, o grupo parlamentar votou en contra da iniciativa que levara o Bloque Nacionalista Galego.

A vicevoceira do BNG, Olalla Rodil, salientou que “Feijoo afirma que esta é a lexislatura do rural pero actúa en sentido contrario, recortando servizos no concellos do interior”. A parlamentaria nacionalista asegura que “as veciñas e veciños non entenden os motivos” para a reducción no profesorado, “cando este ano hai incluso un neno máis nas aulas, ao pasar de 32 a 33 os escolares que se matricularon”. Así, os escolares terán que agruparse en dous clases –de primeiro a terceiro, e de cuarto a sexto de Primaria–.

Segundo explicaron dende o Partido Socialista durante o pleno provincial, o recorte implicará que os cativos de Portomarín reciban 16 minutos de materia por clase, mentres os alumnos doutros centros de Lugo reciben 50 minutos. O deputado popular Ramiro Moure chegara a admitir que con estes criterios “en moitos casos pérdese calidade”.

Portomarín reivindica os dereitos constitucionais perante a discriminación no ensino

ÚLTIMAS

Detida unha moza en Lugo por agredir a un home cunha rasuradora de cellas

Unha moza de 20 anos foi detida por cortar na cara a un home...

Simega acusa a Luís Pérez de Lallo de confundir vocación médica con servilismo

O Sindicato Médico de Galicia (Simega), adscrito á Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM),...

Dáse á fuga tras tirar a un motorista e case atropelar a algúns peóns

O condutor dun turismo deuse á fuga este luns en Lugo tras chocar por...

O PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación de Altri

O PP subliñou este martes o seu apoio á implantanción da factoría de Altri...