InicioPolíticaO PP de Lugo cuestiona o criterio da Xunta que levou aos...

O PP de Lugo cuestiona o criterio da Xunta que levou aos recortes do ensino en Portomarín

O Partido Popular de Lugo di que "en moitos casos pérdese calidade" ao aplicar os criterios da Xunta e pide devolver a praza de docente eliminada en Portomarín

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade instar á Xunta de Galicia a reinstaurar a praza de docente eliminada no CEIP Virxe da Luz de Portomarín, caso extremo dos recortes no ensino. E, como sucedera no órgano soberano do Concello lucense, o Partido Popular provincial volve a cuestionar os criterios polos que o goberno autonómico xustifica reducir o profesorado nun colexio que ten un estudante máis ca no curso anterior.

A moción presentada polo Partido Socialista obrigou a posicionarse á bancada popular, que xustificou o voto positivo “por apoiar aos compañeiros do Concello” que se pronunciaran no mesmo sentido. Mais non foi ese o primeiro posicionamento do grupo, que tentou evitar a cuestión alegando que debe respectarse “a autonomía” do pleno de Portomarín. “Parécenos ben que respecten ao alcalde, pero isto é bastante máis profundo”, replicaron os socialistas.

Os argumentos do partido propoñente foron lapidarios. No Virxe da Luz, o alumnado de Primaria agrúpase en dúas clases, unha de primeiro a terceiro, e outra de cuarto a sexto. Como consecuencia, cada hora de clase repártese en tres niveis diferentes. “En Portomarín, os nenos reciben 16 minutos de materia por clase, mentres os alumnos de Lugo reciben 50 minutos. Un auténtico despropósito, uns están empezando a ler e outros a multiplicar”.

“Non sempre estamos de acordo”

Igual de crítico mostrouse o Bloque Nacionalista Galego, alegando que “acordouse politicamente” eliminar a praza de docencia “sen que se produza un descenso de matrículas”. “Non é inevitable […], hai detrás unha cuestión económica, non se pode disimular”. Os nacionalistas consideran que agrupando os cursos, o alumnado chegará ao instituto con peor formación, “rompendo a igualdade de oportunidades por nacer nun sitio distinto”.

Dende o Partido Popular difuminaron a responsabilidade da Xunta, asegurando que “a medida é consecuencia do acordo cos sindicatos”. Ante a cuestión de por que non se cambiou este criterio en tres lexislaturas, o deputado conservador Ramiro Moure asegurou que “non sempre estamos de acordo”, porque “en moitos casos pérdese calidade”. Finalmente, o grupo popular apoiou a moción para pedir que o goberno galego restaure a praza eliminada en Portomarín.

ÚLTIMAS

PP de Lugo: “O proxecto industrial de Altri en Palas de Rei é clave para a provincia

O Partido Popular de Lugo asegurou que a Comisión Europea di que o procedemento de...

CSIF denuncia que a Policía Local de Lugo sofre de atrasos nos pagos de servizos extraordinarios

CSIF advertiu ao Concello de Lugo que "emprenderá" as medidas de presión que considere...

Comeza a rehabilitación do Muíño de Olga para ser un espazo de investigación dos recursos hídricos

O arranque das obras de rehabilitación no Muíño de Olga, en Lugo, iniciou a...

Sancionado por tirar botellas de cristal e ouriñar pola xanela durante unha festa no seu piso en Lugo

A Policía Local de Lugo investiga a un mozo veciño da cidade por tirar botellas...