InicioMovementos sociaisPortomarín reivindica os dereitos constitucionais perante a discriminación no ensino

Portomarín reivindica os dereitos constitucionais perante a discriminación no ensino

A ANPA do CEIP Virxe da Luz de Portomarín convidou aos representantes políticos á lectura dos artigos fundamentais da Constitución

PUBLICADA O

- Advertisement -

Co gallo do Día da Constitución, o alumnado do CEIP Virxe da Luz de Portomarín reivindicou os dereitos fundamentais recollidos na Carta Magna. Parte da mocidade da vila realizou a lectura solemne de varios artigos para salientar a discriminacion que sofren os estudantes do concello lucense a raíz dos recortes no ensino motivados polo descenso poboacional.

Para tal ocasión, o alumnado convidou aos representantes políticos e veciños á casa consistorial de Portomarín, onde tamén lanzaron uns globos, cada un con referencias á igualdade, as oportunidades, a xustiza e a educación. Coa consigna de “co noso futuro non se xoga”, deixaron voar os globos de cores, pedindo a restitución da praza de docente suprimida neste ano escolar, e que obriga a xuntar os cursos de primaria de a tres.

Cedida

O pasado mes de novembro, o pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade instar á Xunta de Galicia a dar marcha atrás nos recortes, que amais prodúcense nun curso no que hai un alumno máis no colexio de Portomarín. A situación no Virxe da Luz é paradigmática do criterio que incluso membros do Partido Popular cuestionan publicamente.

Entre outros inconvintes, a non aprobación da Programación Xeral Anual deixou ao alumnado sen actividades extraescolares e excursións, debido ao desacordo coa ANPA e o delegado municipal. Sen profesorado abondo, os cativos reciben un terzo das horas de docencia obrigatorias noutros centros da provincia, desigual formación que compromete o seu futuro e o dun concello cun serio problema de despoboamento.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...