InicioLugo e contornaLugoCritican o modelo dual da Deputación para a recollida de animais

Critican o modelo dual da Deputación para a recollida de animais

A institución provincial destina o 30 por cento do orzamento para coidado de animais abandonados á nova canceira de Monforte

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durante os últimos anos, a Deputación que preside Darío Campos adicou 470.000 euros á colaboración coa Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo. A entidade provincial é o principal sostén deste centro, ao que tamén achega fondos o Concello da capital. A Protectora de Xermade contará este ano con 40.000 euros, e a de Valdouro-Alfoz con outros 85.000. Estes investimentos contrastan coa nova aposta pola nova canceira da zona sur, a erixir con 200.000 euros en Monforte de Lemos.

Esta dualidade foi criticada pola Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, que sinalan este sistema de almacenamento de cans e gatos como pouco axeitado. Os animalistas propoñen a reestruturación dos fondos para financiar centros máis pequenos, mancomunados e conveniados coas organizacións non gubernamentais. Segundo anunciou a Deputación, a canceira de Monforte terá espazo para 150 exemplares e prestará servizo a 21 municipios do sur de Lugo.

Libera e a FFW subliñan que este modelo é máis propio para o almacenamento que para un centro de acollida de animais abandonados. Estas asociacións sinalan os problemas existentes no centro homólogo de Ourense, tamén financiado pola administración provincial. No canto dunha gran canceira pública, abogan por imitar as políticas das deputacións da Coruña e de Pontevedra, con liñas de subvencións para que as protectoras locais poidan asumir esta xestión coa mellora das instalacións propias.

Ao tempo que a Deputación traballa na construcción da canceira de Monforte, a Protectora de Lugo beneficiouse de 345.000 euros para a ampliación das instalacións, 103.000 euros para engadir 4 hectáreas de terreos –o que multiplicou a superficie dispoñible por 13–, tamén para a dotación dunha depuradora, unha zona de administración e unha clínica veterinaria, amais da compra de alimento e tarefas de roza e desbroce.

Neste centro hai uns 400 animais en acollida, unha cantidade de lonxe maior á das novas instalacións para a zona sur. Durante o 2017 rescataron 1.200 animais de compañía e entregaron en adopción medio milleiro deles.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia recibe o Cónsul Xeral de Portugal en Galicia para abordar novas vías de colaboración con Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, recibiu...

Lugo formaliza a ocupación dos terreos para o novo centro de saúde do Sagrado Corazón

O proxecto para construír o novo centro de saúde do Sagrado Corazón, en Lugo,...

Comeza o curso no Centro de Formación Audiovisual da Deputación cunha xornada de presentación

O Centro de Formación Audiovisual da Deputación iniciou este mércores o curso 2026-2027 cunha...

A Xunta licita a construción de 24 vivendas públicas na rúa Angelo Colocci de Lugo

A Xunta sacou este mércores a licitación por 4,3 millóns de euros as obras...