InicioCulturaPresentación da revista 'Cairón' en Palas e Antas de Ulla

Presentación da revista ‘Cairón’ en Palas e Antas de Ulla

O número 6 desta publicación foi presentado o pasado sábado 14 de xaneiro en Monterroso e este sábado 21, darase a coñecer en Palas de Rei e Antas de Ulla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto de Estudos Ulloáns presenta todos os anos a revista Cairón nos tres concellos da Ulloa. O número 6 de Cairón foi presentado xa o pasado sábado 14 de xaneiro en Monterroso e agora faráo en Palas de Rei e Antas de Ulla este sábado 21.

A presentación en Palas de Rei terá lugar ás 12,30 no salón de plenos da Casa do Concello, coas intervencións de Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei e deputado provincial; Francisco Pardo Teijeiro, director do Instituto de Estudos Ulloáns; Braulio Vilariño, galerista e dinamizador cultural; Xurxo Mouriño, biólogo e consultor medioambiental, e Arturo L. Regueiro, escritor e poeta.

E a presentación en Antas de Ulla será o mesmo día pero ás 18:00 h. na Igrexa románica de San Xoán de Antas de Ulla, cedida para este acto polo Bispado de Lugo e a Parroquia de San Xoán. Contarase coas intervencións de Pilar García Porto, deputada provincial e responsable da Área de Turismo da Deputación de Lugo; Hilda García Cabanas, directiva do IEU; Susana Varela Negro, historiadora, e Xosé Luis Santiso, poeta.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...