InicioCulturaO Caudal Fest habilita a zona de acampada ante o cheo nos...

O Caudal Fest habilita a zona de acampada ante o cheo nos aloxamentos

O festival á beira do Miño dos días 21 e 22 de setembro contará cunha zona de descanso con controis de acceso, seguridade privada, duchas e cafetería

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Caudal Fest, que terá lugar os días 21 e 22 de setembro na contorna do río Miño, vén de poñer á venda o servizo de zona de descanso, debido á alta afluencia de xente que haberá nesta primeira edición, con practicamente toda a ocupación hoteleira ao máximo en Lugo e arredores.

O festival está pensado para todo tipo de públicos. Desenvolverase ao longo de dúas xornadas, o venres 21 e o sábado 22 de setembro. O primeiro día será de balde, no corazón de Lugo, a Praza de Santa María; os protagonistas do venres aínda están por desvelar. O segundo día será de pago e terá lugar na contorna do Miño, un entorno que dotarase de servizos e converterá o Caudal Fest nun dos festivais urbanos con maior atractivo medioambiental.

Na zona de descanso poderase acampar ao carón do recinto principal, e contará con diferentes vantaxes: control de acceso 24 horas, seguridade privada, baños, duchas de auga quente e cafetería, entre outros.

A adquisición das prazas de descanso está dispoñible na web oficial do evento, en forma de parcelas de 2 persoas cun prezo de 19 € por persoa, incluíndo acceso dende o mediodía do venres ata o mediodía do domingo do festival. Dado que a capacidade é limitada, Caudal Fest fai un chamamento a facer a reserva do espazo canto antes.

Dende o Concello agardan que o Caudal Fest supoña un alto retorno económico e mediático co que completar a axenda de actividades que Lugo ofrece ao longo do ano. Neste senso, o festival promoverá a imaxe da cidade a través do seu patrimonio medioambiental, histórico e cultural. A escasa distancia do escenario atópanse a Ponte Romana e as Termas, conectadas coa cidade a través da Vía Romana XIX, símbolos do legado dos nosos devanceiros.

Consulta o cartel e os prezos nesta ligazón

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Meijide, esixiu este venres á...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

Unha pelexa nun after en Lugo mobiliza a varias unidades policiais

Dous mozos protagonizaron este xoves unha pelexa ante un local de after no centro...

A Garda Civil investiga unha lucense por defraudar 17.800 euros en axudas da PAC

A Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Lugo, de...