InicioSociedadeA perda do gusto e do olfacto pola COVID-19 afecta máis a...

A perda do gusto e do olfacto pola COVID-19 afecta máis a mulleres ca a homes

Un estudo europeo, no que participa o Complexo Hospitalario de Santiago, demostra que estes tamén son síntomas significativos de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Investigadores de Universidade de California en San Diego (Estados Unidos) publicaron recentemente un estudo no que confirman a perda do olfacto e do gusto en pacientes coa Covid-19, a enfermidade respiratoria causada polo novo coronavirus SARS-CoV-2. Agora, un equipo de 33 científicos europeos vén confirmar que “os trastornos olfactivos e gustativos son síntomas prevalentes en pacientes europeos con COVID-19, que poden non ter síntomas nasais”.

Os resultados publícanse na revista científica European Archives of Oto-Rhino-Laryngology, nun estudo no que participou Christian Calvo Henríquez, do Departamento de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Trátase, segundo os seus autores, do “primeiro estudo en Europa en identificar disfuncións olfactivas e gustativas como síntomas significativos na presentación clínica da Covid-19”.

Para o estudo recolléronse datos de 417 pacientes positivos en Covid-19 con infección de leve a moderada, de 12 hospitais europeos. Estudáronse os seguintes resultados epidemiolóxicos e clínicos: idade, sexo, etnia, comorbilidades e síntomas xerais e otorrinolaringolóxicos.

Os síntomas xerais máis frecuentes consistiron en tose, mialxia (dor muscular) e perda de apetito. Mentres que a dor facial e a obstrución nasal foron os síntomas otorrinolaringolóxicos máis relacionados coa enfermidade. As mulleres foron significativamente máis afectadas por disfuncións olfactivas e gustativas que os homes. Esta maior incidencia nas mulleres “estaría relacionada coas diferenzas de xénero no proceso de reacción inflamatoria”, explican os científicos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...