A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou esta mañá na Praza Maior no acto da lectura do manifesto polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, organizado por ADACE Lugo, ao que tamén asistiron varios membros da Corporación municipal, entre eles o concelleiro de Política Social, Maiores e Migración, Gustavo Díaz.
Baixo a mensaxe «A vida continúa. O apoio tamén», o manifesto lembra que, tras un dano cerebral adquirido, comeza unha nova etapa na que tanto as persoas afectadas como as súas familias necesitan apoio e acompañamento.
A alcaldesa puxo en valor o traballo que ADACE Lugo desenvolve desde hai vinte anos para apoiar as persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias. A entidade atende arredor de 60 persoas a través de recursos como o centro de día e os talleres, ofrecendo atención e acompañamento para favorecer a súa calidade de vida e a súa autonomía.
EXPOSICIÓN “CORES DO MUNDO”