InicioDeportesO aleiro Romaric Belemene, nova fichaxe do Club Baloncesto Breogán

O aleiro Romaric Belemene, nova fichaxe do Club Baloncesto Breogán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O aleiro congoleño Romaric Belemene, de 21 anos e 2.02 metros de estatura, é novo xogador do Club Baloncesto Breogán, despois de rescindir o pasado martes co Unicaja Málaga, club ao que chegou en 2011 en categoría cadete. Procede do Oviedo Baloncesto, no que xogou cedido a pasada tempada en LEB Ouro promediando 9.2 puntos, 4.4 rebotes, 0.8 asistencias, 0.9 recuperacións e 0.8 tapóns en 23´41″ de valoración en liga regular e 7 puntos, 4.8 rebotes, 0.8 asistencias, 0.4 robos e 0.8 tapóns por en 21´14″ en playoff. Na liga regular, rematou cunhas porcentaxes de efectividade no lanzamento de 48.1 % en tiros de dous, 31.8 % en triplas e 44.9 % en tiros libres. Belemene sería o cuarto cupo necesario xunto a Ricardo Úriz, Christian Díaz e Salva Arco, a expensas da decisión con Sergi Quintela.

Formouse no Unicaja Málaga nas súas categorías inferiores dende 2011. Na tempada 2014-2015, xogou no Instituto de Fertilidad Clínicas Rincón, equipo vinculado ao Unicaja, en LEB Ouro. Nesa campaña, debuta en ACB co Unicaja xogando catro partidos. No seguinte campionato, volveu xogar no Clínicas Rincón, en LEB Prata, e tamén un partido co Unicaja en ACB. Na campaña 2016-2017, xoga cedido en ACB no Bàsquet Manresa promediando 2.6 puntos, 1.7 rebotes, 0.3 asistencias, 0.3 recuperacións e 0.26 tapóns en 10 minutos de media nos 30 partidos desputados cunhas porcentaxes de 38 % nas triplas, 48 % nos tiros de dous e 20 % nos tiros libres.

Co Unicaja Málaga, foi subcampión do Torneo Junior L´Hospitalet e do campionato de España junior en 2014, así como segundo no Adidas Next Generation Tournament Roma en 2015.

En 2016 e 2017, participou no Adidas Eurocamp de Treviso.

É curmán de Serge Ibaka, pívot internacional español que xoga nos Toronto Raptors da NBA.

O Unicaja Málaga subliñou nunha nota de prensa “o traballo, esforzo e compromiso amosado dende o primeiro día que chegou á canteira de Los Guindos sendo un adolescente”.

O Breogán confirmou cinco fichaxes: o citado aleiro Romaric Belemene, así como os pívots Alec BrownEmir Sulejmanovic (cesión prorrogada por parte do Baloncesto Fuenlabrada e cumprirá a súa segunda tempada correlativa como breoganista)Henk Norel e Volodymyr Gerun. No caso de Romaric Belemene, Alec Brown, Henk Norel e Volodymyr Gerun, chegan ao club lucense en propiedade. Ademáis, renovaron o base Ricardo Úriz e o aleiro Johan Löfberg. O base Christian Díaz e os escoltas Sergi Quintela e Salva Arco teñen contrato en vigor. A continuidade de Quintela está en dúbida, segundo confirmou o novo director deportivo, Quique Fraga. O corpo técnico está formado por Natxo Lezkano como primeiro adestrador, que cumprirá a súa terceira tempada consecutiva, e o novo segundo adestrador é Óscar Lata. 

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...