InicioEconomíaOs hostaleiros valoran que se "traballou ben" no Nadal a pesar das...

Os hostaleiros valoran que se “traballou ben” no Nadal a pesar das circunstancias

A Apehl confía en que non se apliquen novas restricións en Lugo que limiten a actividade do sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real, recoñeceu que o sector “traballou ben” durante as festas de Nadal, dentro das circunstancias provocadas pola pandemia e a pesar das restricións establecidas.

En declaracións a EFE, Real volveu destacar a responsabilidade dos hostaleiros no relativo ao cumprimento do “protocolo” implantado e cualificou como “anécdotas” algunhas situacións vividas nas pasadas festas do Nadal. En todo caso, non quixo restarlles importancia e lembrou que fan “moito dano” ao sector.

Refírese, por exemplo, ás imaxes de certas aglomeracións de persoas na rúa Nova de Lugo ou a outras de clientes descontrolados nun bar de Meira.  Nese sentido, lamentou que eses casos puntuais cheguen a enturbar o traballo que están a realizar a maioría dos hostaleiros para “que se cumpra o protocolo”, en beneficio da cidadanía, pero tamén no seu propio, no dos seus traballadores e no do seu negocio.

NOVAS RESTRICIÓNS?

Recoñeceu que o sector está expectante ante a reunión do comité clínico que se celebrará mañá, pero dada a situación de Lugo, confía en que non aplique novas restricións que dificulten a súa actividade. De feito, Real considera que  a cidade de Lugo é das que “mellor está”, porque os positivos “non aumentaron dunha forma exponencial”. Para que esa situación se manteña, pediu, é necesario que a xente “teña sentidiño”, que “siga socializando”, pero con respecto ás medidas de precaución decretadas polas autoridades sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...