InicioSociedadeRamón Ares: "Veremos cal é a repercusión das festas despois de imaxes...

Ramón Ares: “Veremos cal é a repercusión das festas despois de imaxes como as de Meira ou Lugo”

O Sergas di que a situación é "estable" na capital e no sur da provincia, pero pide a máxima responsabilidade ao advertir comportamentos que distan dos recomendados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xerente da área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, Ramón Ares, informou esta mañá sobre os cribados realizados entre a poboación de Xove e alertou sobre a “preocupante” evolución da Mariña. Ares asegurou que en Lugo cidade e no sur da provincia “a situación é estable, pero queremos ver cal é a repercusión que poidan ter estes días de festa, despois de ver imaxes como as de Meira ou as da cidade de Lugo”.

O xerente refírese ás aglomeracións de persoas en bares ou en rúas, feito sobre o que pediu a máxima responsabilidade individual. “A capital provincial pechou durante moito tempo e con comportamentos coma ese corremos o risco de ter que aplicar medidas; ás veces están a pagar todos polos actos duns poucos”, pediu.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...