InicioSociedadeA área de Lugo só suma sete casos novos de coronavirus

A área de Lugo só suma sete casos novos de coronavirus

A cifra das hospitalizacións mantense sen cambios (23), aínda que hai un paciente máis na unidade de críticos do HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 18 de decembro un total de 401 casos activos de coronavirus , 32 menos ca os contabilizados onte. Segundo a información ofrecida polo Sergas, nas últimas 24 horas tan só se confirmaron sete novos positivos a través de PCR na provincia lucense.

Ao tempo, a cifra de hospitalizacións mantense estable (23, coma onte), pero a Unidade de Coidados Intensivos do HULA atende un paciente máis, ata situarse con seis. Ademais, hai doce doentes en planta neste hospital; tres no da Mariña; e dous no de Monforte.

Por outra banda, o Sergas refire un total de 141 vítimas mortais dende o inicio da pandemia, pero neste cómputo non recolle aos dous maiores usuarios de residencias que finaron en Santiago. De feito, onte morría no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (Chus) unha octoxenaria procedente do asilo de Vilalba. Así, o número real de falecementos pola pandemia en Lugo ascende a 143.

Ata o momento, curáronse 6.177 persoas e realizáronse 116.220 probas PCR (616 delas foron onte, máis de 300 menos ca o día anterior).

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...

Carmela López e Miguel Fernández examinan as obras en Adolfo Suárez “acceso esencial para a intermodal”

  A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...