InicioSociedadeOs casos de coronavirus manteñen a tendencia á baixa en Lugo

Os casos de coronavirus manteñen a tendencia á baixa en Lugo

Nas últimas 24 horas confirmáronse 15 novos positivos a través de PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo rexistra hoxe un descenso importante, ao contabilizarse este xoves 17 de decembro 433 pacientes con infección activa (29 menos ca onte). Así mesmo, tamén minguan os contaxios. Lugo suma hoxe 15 casos novos confirmados a través de PCR nas últimas 24 horas.

Nos hospitais non hai demasiados cambios máis alá de reducirse lixeiramente o número de pacientes ingresados (hoxe son 23 fronte os 24 de onte). O HULA atende cinco na UCI (-1) e 12 en planta; o da Mariña, tres; e o de Monforte, outros tres.

Segundo o recompilatorio do Sergas, a provincia lamenta 141 vítimas mortais da pandemia da Covid-19. A última, notificada onte, foi unha muller usuaria da residencia de Guntín.

Por outra banda, rexístranse 6.134 persoas curadas e ata o momento fixéronse 115.604 PCR (990 onte).
+ posts

ÚLTIMAS

O metal de Lugo sae á rúa e avisa de dúas xornadas de folga se non hai avances no convenio

Traballadores do sector do metal participaron este xoves na mobilización convocada pola CIG, UGT...

As luces do San Froilán alumearán Lugo desde este venres mentres o Concello reforza o bus urbano

O alumeado decorativo do San Froilán 2026 acenderase este venres, 2 de outubro, ás...

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

Xornadas formativas sobre retos da crise climática na gandaría de leite ecolóxico

¡A Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación colabora coa Asociación de Produtores...