InicioCulturaUn monumento marcará en Lugo o punto exacto dende onde restan 100...

Un monumento marcará en Lugo o punto exacto dende onde restan 100 km do Camiño Primitivo

A estatua será colocada como parte da iniciativa 'Lugo km100', coa que o Concello pretende promocionar a cidade como punto de partida do Camiño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo anunciou que marcará cun monumento o punto exacto desde o cal os peregrinos que transiten polo Camiño Primitivo poden completar os cen quilómetros necesarios para chegar a Santiago e gañar a Compostela.

Trátase dunha iniciativa que se enmarca dentro da iniciativa turística ‘Lugo KM 100’, coa que o Concello pretende promocionar a capital lucense como punto de partida dos peregrinos ata Santiago, especialmente de cara ao Xacobeo 2021.

O tenente de alcalde e responsable da área de Movilidad, Rubén Arroxo, explica que o monumento será situado na Praza do Camiño Primitivo e estará formado por unha letras metálicas de gran tamaño coa mensaxe ‘Lugo KM 100’.

“As letras terán un tamaño adecuado para converterse nun atractivo turístico, que sirva para promocionar Lugo e o Camiño Primitivo” a través das fotos que colgarán nas “redes sociais as persoas que se acheguen á cidade”, abunda.

Queremos que Lugo se asocie tamén ao Camiño dunha forma similar a como se identifica a cidade coa Muralla”, di Arroxo. De feito, lembra que “esta actuación se engloba dentro dun plan estratéxico de arranxo do Camiño Primitivo na súa entrada a Lugo, que irá acompañado doutra serie de actuacións que se irán realizando nos próximos meses”. Dende o Concello agardan que este monumento estea preparado para o inicio do vindeiro ano.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...