InicioSucesosUn botellón na praza do Castiñeiro remata con dous detidos e catro...

Un botellón na praza do Castiñeiro remata con dous detidos e catro sancións

Un veciño alertou da presenza destes homes na praza do Castiñeiro de Lugo, alleos ás restricións que obrigan a se confinar nas vivendas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro mozos foron sorprendidos este martes facendo botellón na praza do Castiñeiro (Lugo), obviando así as medidas restritivas que obrigan ao confinamento. Todos eles foron sancionados pola Policía Nacional e dous deles, reincidentes, foron arrestados.

Segundo fontes policiais, un veciño da zona alertou da presenza deste grupo de homes, tras o que os axentes se presentaron no lugar para verificar os feitos. Quedando probado que incumprían a normativa vixente, procedeuse a tramitar as correspondentes sancións.

Ademais, ao ser dous deles reincidentes e ao negárense a abandonar o lugar, os axentes procederon ao seu arresto por un delito de desobediencia. Os dous detidos, dous varóns de 30 e 45 anos de idade, pasarán a disposición xudicial durante a mañá deste mércores.

MÁIS INCUMPRIMENTOS

Estas sancións súmanse ás da Policía Local e a Garda Civil. Fontes deste último corpo informaran de que na xornada do domingo se chegaron a tramitar ata cincuenta denuncias na provincia contra persoas que non respectaban o estado de alarma.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...