InicioSucesosUn feixe de denuncias en Lugo por incumprir as restricións e un...

Un feixe de denuncias en Lugo por incumprir as restricións e un detido ao ser cachado en bici

Cincuenta persoas foron denunciadas pola Garda Civil por non respectar o estado de alarma.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo incoou na xornada do domingo unhas 50 denuncias contra persoas por non respectar o estado de alarma na provincia. Pola súa parte, a Policía Nacional detivo un home que foi sorprendido en dúas ocasións percorrendo a cidade da muralla en bicicleta.

Este último individuo foi localizado pola zona do Carrefour, xunto ao río Miño, segundo explicou a Policía Nacional. Ao ser advertido de que non podía estar pola zona, o arrestado asegurou que ía comprar a dito centro comercial, malia estar pechado.

Posteriormente, os axentes volveron ver o home pola zona da universidade portando un martelo no peto. Aínda que o individuo logrou escapar nun primeiro momento, atopárono agochado tras dunhas silvas. Logo diso, procedeuse á detención, ante a que opuxo resistencia.

OLLO COAS NOTICIAS FALSAS

A Policía Nacional, ademais, informou de que ata o momento non recibiu denuncia contra a muller que difundiu un audio con información falsa sobre Lugo. Concretamente, alertaba de que ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) chegara un autobús con persoas que procedían de Lloret de Mar, todas infectadas polo coronavirus.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...