InicioPolíticaOlga Louzao, logo de deixar a portavocía de C's: "Non estou enfadada...

Olga Louzao, logo de deixar a portavocía de C’s: “Non estou enfadada co partido”

Asegura que a decisión estivo marcada unicamente por "motivos persoais" e cre que é o momento de que xurdan "máis caras" na primeira liña da formación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A portavoz do grupo municipal de Ciudadanos no Concello de Lugo, Olga Louzao, asegurou que a súa decisión de abandonar a portavocía do partido laranxa en Galicia non implica discrepancias coa dirección da formación política. A súa renuncia responde exclusivamente a motivos persoais, aclara.

“Non estou enfadada co partido para nada”, dixo Olga Louzao a EFE, quen tamén recoñeceu sentirse “sorprendida” polos “artigos de opinión” que leu hoxe nalgúns medios de comunicación por mor da súa renuncia. “Pedíalle ao partido que me permitise centrarme na política municipal e estou moi agradecida de que respectase a miña opinión”, remarcou Louzao. De feito, lembrou que segue sendo membro do “consello xeral de Ciudadanos e portavoz no Concello de Lugo”.

Louzao lembrou que leva desde o 2014 en Ciudadanos, onde asumiu cargos de responsabilidade. Por iso, opina que chegou o momento de que xurdan “máis caras, máis persoas” en primeira liña do proxecto político do partido. Pola súa banda, móstrase disposta a abrir “unha nova etapa”, plenamente centrada na política local. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...