InicioPolíticaOlga Louzao renuncia a ser voceira autonómica de C's para centrarse en...

Olga Louzao renuncia a ser voceira autonómica de C’s para centrarse en Lugo

A crise interna do partido tamén tocou á recentemente reelixida concelleira de Lugo, que desexa que este cambio axude a consolidar o proxecto da formación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A que foi ata o de agora voceira autonómica de Ciudadanos Galicia, Olga Louzao, vén de renunciar a ese cargo no medio dun contexto de crise interna do partido en Lugo. Xustifícao alegando que prefire centrarse na política local despois de ser reelixida concelleira.

Así o informou C’s, á vez que asegurou que Louzao non deixará de traballar “por un proxecto no que cre”, en alusión á formación laranxa. Asemade, a xa ex-voceira desexou que este cambio “axude a consolidar unha forza política necesaria para a nosa Comunidade”.

Preguntada por Europa Press, Olga Louzao remitiuse ao comunicado que enviou a dirección da formación, sen engadir novas declaracións. Tan só subliñou que a súa decisión responde á necesidade de centrarse no ámbito local.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...