InicioEconomíaLugo Monumental di que a exención das taxas das terrazas oculta unha...

Lugo Monumental di que a exención das taxas das terrazas oculta unha “suba” nos vindeiros anos

O Concello nega que se trate dun aumento encuberto, senón que "obedece a un imperativo legal" xa coñecido.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación empresarial Lugo Monumental denuncia que a exención no pago das terrazas prevista para o ano 2021 quedará “neutralizada” cunha “suba” de “ata o 600%” nos anos posteriores. O Concello alega que este aumento vén dado por un “imperativo legal” e que en ningún caso se tratou de “encubrilo”.

O colectivo emitiu un comunicado no que se aleda da decisión do Concello de Lugo de apoiar o sector hostaleiro no 2021 ao aliviarlles o pagamento das taxas das terrazas, pero non ven “razoable” que se suban dende o 2022, “algo que se oculta na información que publica a administración”.

Lugo Monumental explica que xa presentou alegacións ás taxas de ocupación da vía pública aprobadas no pleno do Concello no mes de outubro. Aseguran que tales taxas están baseadas nun “estudo de custos totalmente inasumible e que denota unha clara intención de incrementar os prezos de forma artificial para lograr uns ingresos que a lexislación non contempla”.

Segundo o estudo técnico do Concello, o valor do uso da vía pública elévase notablemente por cuestións como “perigosidade” ou “molestias“, algo que non se tiña en conta en exercicios anteriores. “O momento escollido para disparar os prezos das terrazas non parece o máis axeitado“, conclúen dende Lugo Monumental, asociación que agrupa a empresarios do casco histórico.

O QUE DI O CONCELLO

Pola súa parte, o Concello de Lugo deu explicacións tras o comunicado de Lugo Monumental. Dende o goberno local descartan que se trate dunha suba encuberta das taxas por ocupación da vía pública, senón que o incremento “obedece a un imperativo legal” xa coñecido.

Apuntan a denuncias e sentenzas xudiciais que obrigaban ao concello a facer a revisión das taxas, cuxo aumento se irá aplicando “de forma progresiva durante os próximos tres anos”, quedando o 2021 libre de pagamento. “De non ser así, o goberno local non tiña ningunha intención de incrementalas neste momento”, engaden.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...