InicioEconomíaLugo prorrogará a exención de pago das terrazas durante todo o 2021

Lugo prorrogará a exención de pago das terrazas durante todo o 2021

Era unha das peticións da hostalaría, sector aínda afectado polas restricións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O Concello de Lugo prorrogará durante todo 2021 a exención de pago pola instalación de terrazas na vía pública, en resposta á petición formulada polos hostaleiros da cidade e como unha medida máis de apoio a un dos sectores máis prexudicados pola pandemia.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, avanzoullo esta mañá nunha reunión ao presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real. “Como resposta ás peticións do sector, desde o goberno municipal acordamos non liquidar as taxas das terrazas ao longo do próximo ano. Con esta medida buscamos apoiar a hostalería local e mitigar, na medida do posible, as consecuencias derivadas da crise sanitaria”, dixo a alcaldesa aos medios de comunicación.

Así mesmo, o goberno local tamén eximiu do pago do canon correspondente ás concesionarias das cafeterías instaladas en dependencias municipais, polo menos ata que poidan reabrir as súas portas. Tampouco se lle está cobrando o alugueiro ás empresas instaladas nos viveiros do CEI- Nodus nin na Tinería. “Estas medidas teñen como principal obxectivo manter os postos de traballo e evitar o peche de negocios por mor da pandemia”, concluíu.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...