InicioCulturaXermade reivindica o oficio dos torneiros cun novo Encontro Internacional

Xermade reivindica o oficio dos torneiros cun novo Encontro Internacional

A 18.ª edición do certame de Xermade procura devolver o prestixio aos torneiros da madeira, con convidados de Francia ou Inglaterra e tres días de programación

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia, en Xermade, está plenamente consolidado logo de dezasete edicións. Dende este venres ata o domingo, a XVIII volverá a xuntar a prestixiosos artesáns de todo o estado e alén das nosas fronteiras, con convidados de Francia ou Inglaterra. Ao longo dos tres días, a cita acollerá exhibicións, faladoiros e conferencias de expertos no oficio tradicional.

Este ano contará con catro torneiros sobranceiros: a  francesa Elisabeth Mezières, o inglés Rod Page, o madrileño Toni Porto e o coruñés Lolo Castro. A vila chairega comezou a celebrar o magno Encontro en 2001, a partir da Aldea Artesán da Fraga de Xermade. A intención era recuperar do esquecemento un oficio tradicional en Galicia, documentando as ferramentas, maquinaria, materiais e técnicas de traballo, para logo espallalas o maior número de persoas.

Este evento celebrase en Xermade na segunda quincena do mes de setembro coa asistencia de profesionais e afeccionados de Europa e incluso de Estados Unidos, Australia e Nova Zelanda. Unha das finalidades didácticas que persegue este encontro é divulgar os valores do oficio dos torneiros, coa fin de que o público teña máis argumentos para diferenciar artesanía e industria.

Na inauguración desta nova edición participaron este venres o voceiro da Deputación, Álvaro Santos, e como non, o alcalde de Xermade, Roberto García Pernas. O XVIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia conta co patrocinio da autoridade provincial, que achega 3.000 euros para continuar coa promoción da artesanía na provincia. Para esta tarefa, a Deputación convoca axudas para as asociacións que preservan os oficios tradicionais, coma os ferreiros ou zoqueiros.

CONtornos, exposición itinerante de madeira torneada

As pezas que se exhiben son unha representación dos traballos realizados polos participantes nos encontros de torneiros que se celebran en Xermade, desde fai 17 anos. Os poñentes internacionais que participan nos encontros encárganse de facer a selección entra as pezas expostas polos participantes, tanto sobre as técnicas empregadas como as materias primas, así como os acabados que son moi variados, polo que os resultados son sempre distintos e sorprendentes.

Colaboración da TIC

A Fundación TIC ten editados varios vídeos coas demostracións dos mestres que participaron en edicións pasadas. Trátase de Margarett Garrard, Jérôme Blanc, Adrián Pena e Manuel Castro. O vídeo está dispoñible na canle de Youtube da Fundación TIC e nas redes sociais. Nestes medios pódese tamén visualizar as reportaxes e resto de traballos audiovisuais realizados nos últimos anos por bolseiros e profesionais da TIC sobre este Encontro. Con esta colaboración, a Fundación TIC contribúe a transmitir o labor dos mestres torneiros e manter vivo un oficio tradicional con raizame na provincia de Lugo.

 

Programación

VENRES, 21 de setembro de 2018 (de 14:00 ás 16:00 péchanse as actividades).

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

12:00 Inauguración oficial.

10:30-19:30 Demostracións para inscritas-os:

   Elisabeth Mezières.

   Rod Page.

   Toni Porto.

   Lolo Castro.

10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polas-os participantes.

10:30-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2017-18.

SÁBADO, 22 de setembro de 2018 (de 14:00-16:00 péchanse as actividades).

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-19:30 Demostracións para o público:

  Elisabeth Mezières

  Rod Page

  Toni Porto

  Manuel Castro

10:30-19:30 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

10:30-19:30 Exposición de pezas torneadas aportadas polas-os participantes.

10:30-19:30 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2017-18.

16:00-19:30 Espazo de iniciación o torneado supervisado por monitores.

18:00-19:30 Escolma das pezas para a Exposición Itinerante CONtornos 2018-19

DOMINGO, 23 de setembro de 2018  (ás 14:00 remátanse as actividades).

POLIDEPORTIVO MUNICIPAL

10:30-14:00 Demostracións para o público:

  Elisabeth Mezières

  Rod Page

  Toni Porto

  Manuel Castro

10:30-14:00 Exposición e venda de maquinaria, ferramentas e publicacións.

10:30-14:00 Exposición de pezas torneadas aportadas polas-os participantes.

10:30-14:00 CONtornos. Exposición Itinerante de madeira torneada 2017-18.

10:30-14:00 Presentación da Exposición Itinerante CONtornos 2018-19.

13:00 Clausura oficial.

 

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...