InicioTerra CháVilalbaPleno extraordinario en Vilalba para a mellora na eficiencia enerxética e infraestruturas...

Pleno extraordinario en Vilalba para a mellora na eficiencia enerxética e infraestruturas municipais

O primeiro dos asuntos será a aprobación do proxecto para a instalación dunha cuberta vexetal de sedum nas instalacións das piscinas municipais exteriores, unha actuación cun investimento de 48.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Vilalba celebrará este xoves, 6 de agosto, ás 10:30 horas, unha sesión extraordinaria do pleno municipal na que o equipo de goberno levará para a súa aprobación tres proxectos destinados a seguir mellorando as infraestruturas municipais e avanzar na eficiencia enerxética do municipio.

O primeiro dos asuntos será a aprobación do proxecto para a instalación dunha cuberta vexetal de sedum nas instalacións das piscinas municipais exteriores, unha actuación cun investimento de 48.000 euros, financiada nun 80% mediante unha subvención da Xunta de Galicia obtida en concorrencia competitiva.

O sistema instalarase sobre a cuberta da zona de vestiarios e dependencias anexas, contribuíndo a mellorar o comportamento térmico do edificio, reducir o impacto das altas temperaturas e avanzar na adaptación das instalacións municipais aos retos derivados do cambio climático.

O equipo de goberno volverá defender este proxecto levado ao pasado pleno, ao considerar que se trata dunha actuación beneficiosa para o municipio e dunha oportunidade para executar un investimento cun importante nivel de financiamento externo.

A orde do día inclúe tamén a aprobación da segunda fase do proxecto de aforro e eficiencia enerxética do alumeado público no parque empresarial, cun orzamento de 104.060,40 euros.

A actuación permitirá substituír 137 puntos de luz por novas luminarias LED de alta eficiencia con regulación por dobre nivel, o que reducirá o consumo eléctrico en máis dun 40% e permitirá un aforro estimado de 4.391,68 euros anuais na factura eléctrica municipal.

Finalmente, o pleno abordará a actualización do proxecto para a rexeneración dos accesos ao núcleo de Cabanamille, na parroquia de Belesar, financiado mediante un convenio coa Deputación de Lugo.

A actuación inclúe a limpeza de cunetas e a reparación do firme das principais vías do núcleo, actuando sobre máis de 4 quilómetros das mesmas.

Este proxecto, que xa fora aprobado pola corporación, volverá someterse á consideración do pleno tras actualizar os seus prezos, co obxectivo de iniciar un novo procedemento de licitación despois de que o anterior quedase deserto ao non presentarse ningunha empresa.

Con estas iniciativas, o equipo de goberno continúa impulsando novos investimentos destinados a mellorar os servizos públicos, renovar infraestruturas municipais e avanzar nun modelo de municipio máis sostible, eficiente e adaptado ás necesidades da veciñanza.

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo aproba as bases para tramitar as subvencións do exercicio 2025 e do primeiro semestre de 2026

A Xunta de Goberno local de Lugo aprobou, fóra da orde do día, as...

O goberno local de Lugo aproba as bases para tramitar subvencións para o exercicio 2025 e primeiro semestre 2026

A Xunta de Goberno Local aprobou fóra da orde do día as bases...

O BNG de Lugo solicita un pleno extraordinario para “desbloquear máis de 2,7 millóns en facturas bloqueadas con Candia”

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a súa...

O Lugo Music Festival ’26 reúne na cidade música e talento de diferentes estilos e países

Lugo prepárase para vivir, do 18 ao 22 de agosto, unha nova edición do...