Home Política Dimite o primeiro tenente de alcalde de Vilalba, o socialista Rodrigo Pavón

Dimite o primeiro tenente de alcalde de Vilalba, o socialista Rodrigo Pavón

0
Dimite o primeiro tenente de alcalde de Vilalba, o socialista Rodrigo Pavón
Imaxe do Concello de Vilalba | CONCELLO DE VILALBA

O primeiro tenente de alcalde de Vilalba, o socialista Rodrigo Pavón, anunciou este luns que presentará a súa dimisión e deixará a corporación municipal.

O edil de Espazos Cidadáns, Relacións coa Veciñanza e Servizos deu a coñecer este luns a súa decisión e ofreceu unha rolda de prensa na Casa da Cultura do municipio para expor as razóns que motivaron a renuncia ás súas responsabilidades, que se fará efectiva nun próximo pleno.

O socialista, acompañado doutros cargos como a rexedora municipal, Elba Veleiro, explicou que abandonará o Goberno local por motivos estritamente “persoais” e que non existe ningún tipo de problema.

“Nada ten que ver con compoñentes externos, senón con algo íntimo, persoal meu”, sinalou durante a súa comparecencia, na que recalcou que a súa marcha “non ten absolutamente nada que ver con ningún tipo de problema, nin moito menos”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here