InicioSociedadeNove usuarios da residencia de Vilalba reciben a alta

Nove usuarios da residencia de Vilalba reciben a alta

O asilo pasa a ter 106 maiores e 21 traballadores con positivo activo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de usuarios de residencias de maiores de Galicia infectados por coronavirus descende de novo este xoves e sitúase en 392, 19 menos ca onte. A baixada débese, principalmente, ás altas de usuarios en tres dos centros máis afectados pola pandemia. É o caso do asilo de Vilalba, onde nove residentes recibiron a alta médica.

Desta maneira, o centro de maiores desta localidade deixa de ser o que presenta a maior cifra de usuarios contaxiados. Segundo os datos ofrecidos por Política Social, agora son 106 os residentes con positivo activo, mentres que no xeriátrico Vila do Conde, en Gondomar (Pontevedra), son 110.

En canto aos traballadores, hai 21 persoas empregadas no asilo de Vilalba que continúan constando na listaxe de casos activos.

MÁIS CASOS

A Consellería de Política Social tamén informa de que nas últimas 24 horas foron detectados dous usuarios positivos na residencia San Salvador de Guntín, fronte a tres que foron dados de alta. Así pois, o centro queda con 17 maiores afectados.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...