InicioEconomíaMarcha multitudinaria en Vilalba para apoiar o sector hostaleiro

Marcha multitudinaria en Vilalba para apoiar o sector hostaleiro

Unhas 200 persoas participaron nunha concentración na que se reclamaron axudas directas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | As rúas de Vilalba enchéronse esta mañá de persoas que quixeron amosar o seu apoio ao sector hostaleiro, pechado como consecuencia das restricións da pandemia. A manifestación, convocada pola asociación de empresarios Sete Pontes, reuniu unhas 200 persoas. 

“Non somos culpables“, “Salvemos a hostalaría”, “Queremos traballar”, “Pechamos sen axudas” ou “Necesitamos traballar” foron algunhas das mensaxes que se podían ler nos carteis dos manifestantes. Os hostaleiros queixáronse da difícil situación que están atravesando, sen ingresos e cunhas axudas “que non acaban de chegar”.

A esta protesta sumouse a maioría do comercio local, que pechou as súas portas entre as 11:00 e as 12:00 en solidariedade co sector hostaleiro.

VIVEIRO SAE DO CONFINAMENTO

Vilalba é un dos tres concellos de Lugo que permanece pechado perimetralmente e coa actividade da hostalería local clausurada de forma temporal, xunto coa propia capital lucense e Burela. Esta semana, as autoridades sanitarias permitiron a apertura de Viveiro e Monforte de Lemos.

+ posts

ÚLTIMAS

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...

A Xunta dá o ‘ok’ ambiental á ampliación dunha granxa avícola en Friol ata case 77.000 pitos

A Xunta deu o visto e prace ambiental á ampliación dunha explotación avícola, ata...