InicioTerra CháMurasMuras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa programación divulgativa organizada polo Concello coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da programación divulgativa organizada polo  Concello de Muras arredor do eclipse total de Sol que se producirá o vindeiro mércores 12 de agosto.

O concello murés, recoñecido como destino de observación astronómica co selo Starlight, prepara para esta data histórica diversas actividades centradas na observación da eclipse e da choiva de Perseidas da man do coordinador da sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural Marcos López Alonso.

As actividades, que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, desenvolveranse no Alto da Curuxeira, onde o divulgador da SGHN narrará en directo a eclipse, ofrecendo unha guía paso a paso en tempo real para a observación segura da eclipse. A xornada continuará cunha charla ilustrativa sobre as Perseidas ou bágoas de San Lourenzo e o recoñecemento de constelacións ao caer a noite.

Efrén Castro valorou “o carácter divulgativo da programación promovida desde o Concello de Muras, que aproveita a eclipse total de sol que viviremos o mércores e toda a curiosidade e expectación arredor dela para promover o interese pola astronomía e a observación do ceo nocturno”.

As actividades son gratuítas. O Concello de Muras recomenda acudir con roupa de abrigo, auga e comida para pasar a xornada completa ata a observación nocturna.

+ posts

ÚLTIMAS

A Asociación Veciñal As Carballeiras exixe a reparación urxente de dúas marquesiñas de autobús en Lugo

A Asociación Veciñal As Carballeiras fixo pública a súa denuncia polo mal estado no...

Orzamento de 400.000 euros da Deputación para mellora de estradas e impulso do rural

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou nesta xornada novos investimentos por...

A Deputación de Lugo licitará o proxecto de ampliación do Pazo dos Deportes sen ter aínda pechado o financiamento

A Deputación de Lugo iniciará os trámites para contratar a redacción do proxecto de...

A USC recibe o Muíño de Olga para convertelo nun espazo de divulgación científica en Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela incorporará o Muíño de Olga, en Lugo, á súa...