InicioTerra CháMurasVolve a Romaxe Artesá a Muras

Volve a Romaxe Artesá a Muras

Houbo xogos tradicionais, actuacións musicais, representacións teatrais e unha actividade de iniciación á astronomía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Muras celebrou este sábado a Romaxe Artesá da Chaira, cun formato adaptado ás circunstancias sanitarias.

A feira celebrouse na área recreativa da Veiga con 17 postos de venda, ademais de demostracións en directo e obradoiros, organizados coa colaboración da área de Artesanía e Deseño. As persoas asistentes tamén puideron desfrutar de xogos tradicionais, actuacións musicais, representacións teatrais e unha actividade de iniciación á astronomía cunha observación nocturna do ceo no Viveiró. A feira contou coa visita do deputado provincial Efrén Castro.

 

+ posts

ÚLTIMAS