InicioPolíticaO PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

“O feito de que o ROM contemple a posibilidade da celebración telemática das sesións, non acredita que así fora. Por iso pedimos o resto de probas tanxibles”, explica o portavoz, José Manuel López.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo “precipitado” porque “o Auto non fai referencia á ampliación da denuncia” e “aínda están pendentes as investigacións solicitadas previamente para verificar a participación telemática, a autenticidade e integridade da acta e a existencia da trazabilidade dixital da sesión”.

Os populares solicitaron este luns 6 de abril, antes do Auto de arquivo con data do martes 7 de abril, as actas electrónicas orixinais ou ficheiro dixital coa gravación das sesións da Xunta de Goberno Local tanto do 10 de decembro de 2025, coincidindo coa viaxe da alcaldesa a Portugal, coma do 4 de febreiro de 2026 -motivo da ampliación da denuncia-, coincidindo cunha viaxe en territorio nacional; os expedientes completos e a preservación de evidencias dixitais.

O Regulamento Orgánico Municipal contempla no artigo 83 -como recolle a documentación remitida polo Concello- a posibilidade de celebración a distancia das sesións dos órganos colexiados, pero “omite os requisitos”.

O artigo 84 do ROM establece queo medio electrónico polo que levarán a cabo as sesións dos órganos colexiados a distancia será, de maneira preferente, a videoconferencia, que permitirá unha identificación visual do asistente. Este sistema de videoconferencia deberá xerar un ficheiro coa gravación audiovisual da sesión”.

E o artigo 85 recolle que “para a válida constitución e celebración das sesións dos órganos colexiados a distancia a través de medios electrónicos e telemáticos, os membros que participen nestas sesións deberán atoparse en territorio español e quedar acreditada a súa identidade. Para iso, acreditarase a identidade de cada un dos asistentes mediante o acceso á sede electrónica con certificado electrónico ou calquera outro medio que permita a correcta identificación”.

O feito de que o ROM contemple a posibilidade da celebración telemática das sesións, non acredita que así fora. Por iso pedimos o resto de probas tanxibles”, explica o portavoz, José Manuel López.

Tamén atendendo ao ROM, “para que a validez da participación en calquera dos órganos colexiados, o asistente ten que atoparse en territorio español” e, ademais, “as sesións telemáticas deberán ser gravadas, o que permitiría determinar se existiu participación telemática”. Do contrario, “a alcaldesa estaría incumprindo o ROM”. E “a propia señora Morandeira recoñeceu estar en Portugal ao solicitar o cobro desas dietas”.

O PP de Guitiriz interpuxo esta mañá recurso de reforma e, no caso de non ser estimado, recurso de apelación subsidiario ante a Ilma. Audiencia Provincial. Así mesmo, ten solicitado medidas de preservación das evidencias dixitais relativas a ambas sesións da Xunta de Goberno Local.

José Manuel López explica que “actuamos conforme ao que marca a lei: en canto atopamos indicios da comisión dun presunto delito, puxemos a situación en coñecemento da xustiza para salvagardar os intereses de todos os veciños de Guitiriz, que é unha das nosas obrigas como representantes electos”.

COBRO DE DIETAS

O portavoz popular critica, así mesmo, que “a alcaldesa cobrase tanto a asistencia á Xunta de Goberno Local do 10 de decembro de 2025”, da que pon en dúbida a súa validez legal, “como pola propia viaxe a Agueda (Portugal) pola que os veciños e veciñas de Guitiriz pagaron 381,65€ (114,09€ para aloxamento e 51,09€ para manutención, por día). A viaxe, organizada por unha asociación privada, tivo lugar do 9 ao 11 de decembro de 2025 e tiña un custo de 250€ en pensión completa e habitación dobre, cun sobrecusto de 60€ no caso de solicitar habitación individual; polo que o custo máximo era de 310€.

+ posts

ÚLTIMAS

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...

Ferido un camioneiro despois dunha saída de vía e caer por un terraplén de 15 metros en Xermade

Un camioneiro resultou ferido este martes tras sufrir unha saída de vía e caer...