InicioTerra CháVilalbaA alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio, Marta Rouco (PSOE), sinalou que "os orzamentos constitúen unha ferramenta fundamental para o funcionamento do Concello e para a planificación da actividade municipal ao longo do ano".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día 9 de abril, a unha cuestión de confianza vinculada aos orzamentos de 2026, tras o seu rexeitamento no pleno ordinario do pasado mes de marzo.

Nun comunicado, o Concello de Vilalba explicou que a sesión, que terá lugar a partir das 9,00 horas, incluirá tamén a aprobación do contrato de subministración eléctrica para as instalacións municipais.

A rexedora sinalou que “os orzamentos constitúen unha ferramenta fundamental para o funcionamento do Concello e para a planificación da actividade municipal ao longo do ano”.

Neste sentido, destacou que a cuestión de confianza “é un mecanismo previsto na normativa, que permite continuar coa tramitación do proxecto orzamentario dentro do procedemento establecido”.

No caso de que a cuestión de confianza salga adiante, o proxecto de orzamentos quedará aprobado inicialmente. No caso contrario, abrirase un prazo no que poderá formularse unha proposta alternativa de goberno, conforme ao establecido na lexislación vixente.

Con esta convocatoria, o goberno municipal de Vilalba sinalou que continúa coa súa planificación administrativa e coa tramitación dos instrumentos necesarios para o funcionamento ordinario dos servizos municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...