InicioTerra CháCospeitoFalece o escritor e académico Darío Xohán Cabana aos 69 anos

Falece o escritor e académico Darío Xohán Cabana aos 69 anos

O escritor, membro da Real Academia Galega e activista político faleceu logo dunha longa enfermidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O escritor e académico lucense Darío Xohán Cabana faleceu este martes no seu domicilio tras unha longa enfermidade. Así o confirmaron fontes do Concello de Lugo, lugar onde traballou como funcionario de Cultura ata a súa xubilación.

O autor de ‘Galván en Saor’ contaba con 69 anos de idade e era natural da parroquia de Roás no Concello de Cospeito, aínda que actualmente residía na parroquia de Roméan na cidade de Lugo.

O escritor cultivou multitude de xéneros, como a poesía, o ensaio e a tradución, ingresou na Real Academia Galega en abril de 2006, onde ocupando a vacante de Manuel María.

Tamén foi un activista político vinculado ao nacionalismo galego, en Esquerda Nacionalista, a Unión do Povo Galego ou a FPG.

Xohán Cabana xubilouse como funcionario , como responsable das comunicacións na área de Cultura, despois de ser o encargado da xestión do auditorio municipal Gustavo Freire.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...

Denunciada unha condutora que cuadriplicaba a taxa de alcol e chocou contra outro coche en Lugo

A Policía Local de Lugo instruíu nas últimas horas varias denuncias en materia de...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...