InicioSucesosEscapan nun Porsche logo do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte

Escapan nun Porsche logo do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte

A Garda Civil investiga a catro individuos fuxidos en dirección a Madrid nun Porsche coa matrícula modificada co que tentaran rebentar o caixeiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo segue a pista dos autores do asalto frustrado a un caixeiro en Begonte. Os catro asaltantes evadíronse nun vehículo de alta gama, un Porsche, tralo aviso da veciñanza ás forzas da orde.

O intento de roubo na sucursal de Caixa Rural implicou a catro individuos coa faciana tapada e un Porsche que, segundo fontes da investigación, podería ter a matrícula dobrada para evitar a identificación.

Contra as tres da madrugada, a Garda Civil recibiu aviso de que os ladróns tentaban desabolar o caixeiro, empregando con tal fin o deportivo e ferramentas manuais. A chegada do Instituto Armado precipitou a fuxida en dirección Madrid.

Un asalto semellante ao de decembro en Lugo

Os responsables da investigación descoñecen se o feito está relacionado cun evento semellante, acontecido a comezos de decembro de 2018. Naquela ocasión, outros catro individuos tentaron roubar na oficina de Caixa Rural de Montero Ríos, na capital lucense. Os encapuchados accederan ao interior da sucursal, mais, no intre en que soou a alarma, decidiron marchar do lugar.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...