InicioSociedadeO pleno de Begonte aproba solicitar á Xunta a fusión dos dous...

O pleno de Begonte aproba solicitar á Xunta a fusión dos dous colexios malia a oposición veciñal

A ANPA de Baamonde, a asociación de veciños e o PSdeG critican o "nulo debate" nunha sesión plenaria "bochornosa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno municipal de Begonte celebrado onte, venres 22 de xaneiro, aprobou por maioría solicitar á Consellería de Educación a unificación dos colexios de Begonte e Baamonde a pesar da oposición da veciñanza da contorna, que encadeou varias protestas nas últimas semanas e que mesmo xuntou máis de 3.000 firmas pola causa. A iniciativa do goberno local (Partido Popular), que xustifican polo baixo número de alumnado dos centros, inclúe a creación dun conservatorio nas instalacións da escola de Baamonde.

A Asociación de Veciños de Baamonde e a ANPA do CEIP critican o “nulo debate” que se produciu durante a sesión plenaria, que cualifican de “histórica” e “bochornosa”. O grupo local do PSdeG, cuxos dous edís votaron en contra, coincide neste asunto ao asegurar que o alcalde, José Ulla (PP), negou a quenda de réplica para os socialistas.

“Estamos a favor do conservatorio, pero non a conta de pechar un colexio”, puntualizan dende o PSdeG de Begonte. “As alumnas e alumnos de Baamonde, xunto coas súas familias, non están en tempos de experimentos. O rexeitamento social da súa proposta non ten parangón na recente historia do noso Concello”, sinalan. Pregúntanse, así mesmo, polo modelo de xestión —”público ou privado?— dese conservatorio que pretenden construír.

“A decisión de pechar un colexio do rural vai traer consecuencias moi graves a esta comarcam como por exemplo o despoboamento, que vai ser letal. Ademais, coa unificación vai aumentar o ratio alumno/mestre, e nesta época de pandemia covid non nós parece o momento axeitado para xuntar aulas, senón mais todo o contrario”, concluíu a voceira socialista.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...